Conversa usuario:Ac78

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Ac78!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 19:25, 17 marzo 2009 (UTC)

Tradución[editar a fonte]

Ola de novo! Pois se remataches a tradución, o que tes que quitar é o marcador que di que "este artigo precisa dunha tradución ó galego". Para ilo só hai que borrar do artigo o {{Nongalego}}. Se cres que a túa tradución necesita unha revisión atenta por parte de outros usuarios podes dicilo na páxina de conversa do artigo. Ben, pois máis nada, se tes máis preguntas podes preguntarme a min, que tentarei sempre responder o antes posible e o mellor que poida. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:23, 18 marzo 2009 (UTC)

Bo traballo, meu. Ben feita esa tradución de Collins. Saúdos.--Atobar 22:36, 18 marzo 2009 (UTC)

Imaxes e referencias[editar a fonte]

Ola Ac78! As ligazóns ás imaxes que non se ven tes que eliminalas, xa que é por mor de que esas imaxes só están subidas á wikipedia inglesa, xa que alí teñen un criterio menos rigoroso no tema das licenzas (empregan o fair use). As únicas imaxes que se poden ver na galipedia son as que se subiron á propia galipedia e tódalas que están en Commons. O das referencias creo que está ebn tal e como o fixeches: se é un título dunha nova ou o título dunha páxina déixase o nome orixinal, e logo se traduce o que vese claramente que hai que traducir (textos explicativos e demais). Se tes algunha dúbida máis non teñas problema en preguntar. Bo traballo, un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:40, 13 abril 2009 (UTC)

Domingo Sanguento[editar a fonte]

Non hai de que, para iso estamos. Un saúdo e parabéns.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:58, 18 abril 2009 (UTC)