Conversa usuario:A19ab

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ciclo do fósforo[editar a fonte]

Supoño que a túa intención foi crear un artigo sobre o "ciclo do fósforo". De ser así, tes que crear unha páxina e non escribir na túa páxina de usuario. Se o que queres é facer unha proba a ver cómo sae, tamén hai unha páxina de probas na que facer experimentos. Lembra que sempre, antes de empezar a editar, convén dar unha volta polas páxinas de axuda que ensinan a crear e formatear un artigo. Lembra tamén que, calquera dúbida que teñas, podes consultar a calquera dos usuarios da Galipedia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:16, 29 novembro 2008 (UTC)

Novos artigos[editar a fonte]

Ola A19ab:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:46, 21 decembro 2008 (UTC)

Copyright[editar a fonte]

Ola, A19ab, que tal? Estivo moi ben que quixeses crear un artigo sobre o metano; é moi interesante e necesario. Pero na wikipedia non se poden usar contidos copiados doutras webs sobre as que alguén ten uns dereitos, un ©. Os contidos do artigo do metano foron en boa medida sacados de El rincón del vago (http://html.rincondelvago.com/el-metano.html), e por iso houbo que borrar o artigo.

O que podes facer é tentar escribir, coas túas propias palabras unha información que se recolle noutros libros e web,s pero non podes copiar directamente os contidos desas webs. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 12:23, 26 febreiro 2009 (UTC)