Usuario:A19ab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CICLO DO FÓSFORO[editar | editar a fonte]

Ademais da auga,do carbono, do nitróxeno e do osíxeno,o fósforo é importante para os seres vivos.

A maioría do fósforo se atopa nos sedimentos, formando parte da litosfera. O seu proceso de liberación é moi longo xa que depende dun ciclo xeolóxico,por ísto constitúe un factor limitante no crecemento das plantas, xa que se trata dun constituínte importante das biomoléculas.O fósforo está presente nun 0,2% nas estructuras vexetais e nun 1% nas animais.

En certos aspectos, o ciclo do fósforo é mais simple que os ciclos do carbono e do nitrogeno, pois non existen moitos compostos gasosos de fósforo e, polo tanto, non pasa pola atmósfera. Outra razón para a simplicidade do ciclo do fósforo é a existencia de apenas un composto de fósforo realmente importante para os seres vivos: o íon fosfato.

Os fosfatos son liberados polas rochas fosfatadas e cinzas volcánicas, e transportados,polas correntes de auga ata os lagos e o mar, onde precipitan para formar os sedimentos.O tempo de permanencia nos ecosistemas terrestres é de 100 ata 10000 anos dependendo da eficacia do almacenamento ou de reciclado dos organismos encargados.No medio acuático a permanencia é máis ou menos de dez anos. As plantas obteñen o fósforo do ambiente absorvendo os fosfatos disolvidos na água e no solo. Os animáis obteñen fosfatos na auga e no alimento.

A decomposición devolve o fósforo que formaba parte da materia orgánica ao solo ou à auga.

De aí, parte del é arrastrada polas chuvias para os lagos e mares, onde acaba incorporandose às rochas. Neste caso, o fósforo só retornará aos ecosistemas, máis tarde, cando esas rochas se eleven e consecuencia de procesos xeolóxicos e, na superfície, sexan descompostas e transformadas en solo.

Así, existen dous ciclos do fósforo que acontecen en escalas de tempo diferentes. Unha parte do elemento reciclase localmente entre o solo, as plantas, consumidores e decompoñedores, nunha escala de tempo relativamente curta, que podemos chamar “ciclo de tempo ecolóxico”. Outra parte do fósforo ambiental sedimentase e é incorporada às rochas;o seu ciclo envolve unha escala de tempo muito mais longa, que pode ser chamada “ciclo de tempo xeolóxico”.