Conversa usuario:91.117.229.62

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 91.117.229.62 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Javier Puig Llamas[editar a fonte]

Boas, desfixen os cambios que fixeches no artigo Javier Puig Llamas xa que nas ligazóns que engadiches non atopei información que indicara que el revisou o libro de Valle. Eu non controlo deste tema e non o podo amañar porque aínda que busquei algo de información en Internet non atopei nada sobre isto, por iso puxen de novo o marcador Cómpre referencia. Se atopa referecias directas e claras a esa información pode engadilas no artigo e se precisa algunha axuda sobre como facelo, non dubide en contactar comigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2016 ás 15:32 (UTC)[responder]


Elisardo, teño a dedicatoria de Valle-Inclán a Javier Puig en agradecemento, pero non está en internet e non sei como enviarcha ou inseríla (non creo que prodeda inserila).

Saúdo—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.229.62 (conversacontribucións) 6 de setembro de 2016 ás 18:08‎

Boas, despois de consultar con outro usuario, e tendo en conta que a dedicatoria é un texto curto e como non é unha obra literaria non terá dereitos de autor, entendemos que é posible subir unha imaxe dela ó servidor de imaxes da Wikipedia e logo poñer unha nota no artigo que ligue con ela e xa serviría de referencia. Eu podo axudarlle en tódalas dúbidas que teña para subir a imaxe e para poñela como referencia no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 18:48 (UTC)[responder]

Ben, vou tratar de facelo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.229.62 (conversacontribucións) 12 de setembro de 2016 ás 10:37‎

Visto o artigo de onte 9/X/2016 no Faro de Vigo aporto a ligazón ó artigo, onde se mostra o manuscrito autógrafo por parte do historiador Juan Juega.

Grazas pola súa achega. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 10:38 (UTC)[responder]

Corrixo erro do Faro de Vigo: "Lamas" por "Llamas". Saúdos.