Conversa usuario:88.6.140.202

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 88.6.140.202 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo..--Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2019 ás 20:29 (UTC)[responder]

Feminicidio[editar a fonte]

Boas IP, puxen o modelo de Fonte primaria no artigo Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión que editaches porque o artigo non se axeita ó contido da Wikipedia. A Wikipedia e a Galipedia non son o sitio para publicar traballos nin investigacións orixinais, neste proxecto hai que engadir contidos baseados en fontes de referencia, é dicir, achegas que poidan verificarse. Haberá que refacer o artigo seguindo esa filosofía. Se queres publicar un traballo orixinal ou investigación cunha licenza libre, podes usar o proxecto irmán da Galipedia Galilibros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2019 ás 10:34 (UTC)[responder]

Boas, revisei algunhas das referencias que se engadiron no artigo e varias delas non son correctas xa que non reflicten, ou eu non o atopei, que sexan a fonte dos contidos que hai no artigo. Supoño que foi un erro, pero é un erro grave, non se poden poñer referencias xeralistas, nas fontes ten que poder atoparse de forma clara a información que se quere referenciar, se non, non valen de nada. Engadir referencias incorrectas a mantenta ou ó chou pode considerarse un vandalismo que iría en contra da política Wikipedia:Verificabilidade.
Volvín poñer o aviso de "fonte primaria" no artigo, por favor, non o quitedes, engadide referencias axeitadas, eu ireinas revisando e cando o artigo estea amañado xa retiro eu o aviso. O primeiro que vos pediría é que nas referencias de vídeo e de son poñades o momento onde está a información da que é fonte a referencia xa que é demasiado traballo consultar as declaracións completas e como vos xa coñecedes as declaracións non vos dará moito traballo poñer esa información. Para outras referencias, se non se poden atopar directamente na fonte, pídovos que acheguedes no modelo referencia o parámetro cita, coas frases que son a fonte da información que hai no artigo, para facilitar o traballo de revisión.
Se non sodes capaces de achegar referencias para algunha parte do texto, o mellor é que eliminedes ese texto, simplificar o artigo tamén simplificará a necesidade de referencias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2019 ás 08:02 (UTC)[responder]