Conversa usuario:85.56.195.122

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.56.195.122 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de maio de 2017 ás 11:11 (UTC)[responder]

Edicións non construtivas[editar a fonte]

Dámosche a benvida á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --Chairego apc (conversa) 14 de maio de 2017 ás 09:49 (UTC)[responder]

Ben Chairego, poderías precisar os problemas que atopas? eu eliminei a nota sobre biografías de persoas vivas porque adxuntei referencias, parece que non chegou, poderías precisar?... a conversa do artigo da autora sae nas referencias de google da autora, non parece moi adecuado , si precisas o problema elimínoo e acabouse. --85.56.195.122 14 de maio de 2017 ás 10:06 (UTC)[responder]


Vinculación[editar a fonte]

Ola, ip. Poderíasme dicir se tes algunha vinculación con Matusa Barros, cuxa páxina editaches? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 14 de maio de 2017 ás 11:11 (UTC)[responder]

Si claro, a coñezo ben e tamén o seu traballo, grazas Atobar --85.56.195.122 14 de maio de 2017 ás 11:38 (UTC)[responder]
Moi boas tardes 85.56.195.122. Bótalle, por favor, unha ollada á seguinte política: Wikipedia:Conflito de intereses xa que poderías estar violando a mesma e outras máis o que resultaría o bloqueo da túa conta. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 14 de maio de 2017 ás 12:42 (UTC).[responder]
Grazas RubenWGA xa botei unha ollada a esa páxina e non atopo nada que teña que ver co meu artigo, por iso estou pedindo que alguén me concrete o problema, saúdos --85.56.195.122 14 de maio de 2017 ás 12:52 (UTC)[responder]