Saltar ao contido

Conversa usuario:83.61.180.58

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 83.61.180.58 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Boas, ip. Verbo do comentario que fixeches en Conversa:Felipe Bello Piñeiro sobre os pronomes, dicirche que toda a xente procura facer as cousas o mellor que sabe. No entanto, malpoucadamente o nivel de galego non sempre é óptimo e ás veces mesmo non dá un mínimo, mais para iso estamos moito detrás tentando de arranxar, corrixir, traducir e as lerias esas todas, non si? De modo que quedas convidado a te rexistrares a fin de botarlle unha man ao proxecto, que sen dúbida paga a pena. Hai moita cousa a corrixir, pero as cousas van saíndo, xa vas ver. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 12:45, 9 maio 2009 (UTC)