Conversa usuario:83.241.46.175

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 83.241.46.175 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2015 ás 01:18 (UTC)[responder]

Boas, revisando as referencias atopei que a dirección desta non funciona. Tentei atopala en issuu pero non din con ela, ¿podería revisala e amañala? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2015 ás 01:18 (UTC)[responder]

Tampouco esta, as outras tamén hai que revisalas e se non funcionan hai que buscar outros sitios que referencien esa información. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2015 ás 01:39 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola 83.241.46.175.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! Banjo tell me 8 de outubro de 2015 ás 13:20 (UTC)[responder]