Conversa usuario:81.47.43.48

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 81.47.43.48 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola! Grazas pola túa achega! Mudei un pouco a túa edición en Eleccións municipais en Folgoso do Courel porque por norma non se inclúen ligazóns a páxinas externas no corpo do texto, senón, en todo caso, como notas a pé de páxina. Amais, retirei a especificación de que entrou por vez primeira unha candidatura cidadá, porque no listado só se dá información referente á alcaldía e as posibles mudanzas que puidese haber na mesma, sen facer unha análise exhaustiva dos comicios.

Anímote a seguir achegando información sobre o concello de Folgoso ou sobre outros campos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xullo de 2017 ás 21:31 (UTC)[responder]