Conversa usuario:81.34.243.230

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 81.34.243.230 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo..--Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2019 ás 15:52 (UTC)[responder]

Modelo en uso[editar a fonte]

Por favor, pon o modelo en uso para que non voltes a ter problemas de conflicto de edición. No editor visual podes facelo na pestana inserir>modelo e na caixa de busca pos "En uso". Selecciona o primeiro que che saia e acepta en "engadir o modelo". Non engadas ningunha información a maiores (como vai preguntar) e dálle a inserir. Moitas grazas. Tamén pode ser do teu interese a seguinte política: Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2019 ás 21:20 (UTC)[responder]

Feminicidio[editar a fonte]

Boas IP, puxen o modelo de Fonte primaria no artigo Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión que editaches porque o artigo non se axeita ó contido da Wikipedia. A Wikipedia e a Galipedia non son o sitio para publicar traballos nin investigacións orixinais, neste proxecto hai que engadir contidos baseados en fontes de referencia, é dicir, achegas que poidan verificarse. Haberá que refacer o artigo seguindo esa filosofía. Se queres publicar un traballo orixinal ou investigación cunha licenza libre, podes usar o proxecto irmán da Galipedia Galilibros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2019 ás 10:34 (UTC)[responder]