Conversa usuario:77.27.13.165

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 77.27.13.165 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Chairego apc (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 15:22 (UTC)[responder]

Artigos de concelleiros do BNG[editar a fonte]

Ola, IP 77.27.13.165. Sei que isto que che vou dicir pode soar un pouco bravo, pero... explícocheo de vagar máis abaixo: estás a crear de maneira sistemática artigos de persoas que teñen dubidosa relevancia wikipédica. Creo que é mellor que pares por hoxe, mentres a comunidade da Wikipedia valora se isto é correcto.

  1. Por que son artigos de pouca relevancia? Ben, non examinei todos, un por un, pero moitos deles teñen como única importancia seren concelleiros na súa vila. Ata o de agora, ser concelleiro nun concello galego (aínda que se teñan responsabildiades de goberno) non é un criterio abondo para merecer un artigo na wikipedia. Xa digo que isto pode ser que non se refira a todo o mundo (pode ser que algunha desas persoas teña outro cargo/responsabilidade/actividade paralela que sexa de importancia abonda para a Wikipedia. Podes mirar máis información sobre os criterios de relevancia na Wikipedia en Wikipedia:Relevancia_enciclopédica
  2. O feito de que esteas a editar moitos, e non só un, aínda pon peor as cousas. En xeral, podería parecer (non digo que o sexa), que estás a empregar a Wikipedia como plataforma promocional destas persoas. O mesmo sucedería, por exemplo, se a un destes (Iago Varela, por exemplo, por dicir un deles a quen lle teño especial aprezo) lle fixeses artigos en varias wikipedias ao mesmo tempo.
  3. O feito de que, ademais, pertenzan todos eles ao mesmo partido político complica as cousas, porque dá máis pé a pensar nunha estratexia de difusión desta formación ou dos seus cargos (xa digo, non ten por que selo, pero é o que parece). Por se acaso, aclaro que isto non ten que ver con que estas persoas pertenzan ao partido político X ou Z.
  4. A maior abondamento, o feito de ti non asinares os artigos (non, non hai por que facelo) tampouco axuda a que non pareza un intento promocional.

Así pois, o que vou facer é o seguinte: - vou revisar estes artigos - vou propoñer para o seu borrado aqueles que non teñan, ao xuízo da Galipedia, relevancia abonda - estarei pendente disto para responderche todas as dúbidas que poidas ter sobre isto.

Un saudiño, e quedo ao teu dispor para responderche todas as dúbidas.--Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de marzo de 2017 ás 16:21 (UTC)[responder]


Ola! Son a IP de antes desde outra localización. Explico o que fixen e por que o fixen.

Co gallo da AN do BNG vin que non estaban na Wiki todas as persoas que formaban parte do Consello Nacional, e dispúxenme a crearlles cadanseu artigo (se te fixas, todos os creados teñen en común que forman parte do CN, e de feito nun dos artigos que xa existían, o de Beatriz Bascoy, incluín esa mesma información na edición) até que parei sen ter rematado.

Considerei que estar no Consello Nacional era un motivo suficiente para poder crear unha páxina na Wikipedia, aínda que unha vez lida a páxina da Relevancia Enciclopédica quedo con dúbidas de se fixen ben ou mal. Reflexionando e tendo en conta o punto de que non todos os deputados deben ter páxina, probablemente, nalgún dos casos, fixen mal.

Sométome en todo caso, como non podería ser doutro xeito, ao parecer da comunidade.

O que si quero deixar claro é que non é un intento de promoción de parte do Bloque, fun eu quen decidiu pola súa conta e risco facer isto, e se borrades os artigos creados non pasa nada. Serviume para refrescar o aquel de contribuír na Wiki, que xa facía que non entraba por aquí.

Saúdos e desculpas. --91.117.5.71 28 de marzo de 2017 ás 18:18 (UTC)[responder]

Todo entendido. Non te preocupes. Eu agradézoche moito o traballo que pasaches. Dáme moita rabia; tarde ou cedo, algunhas destas persoas terán artigo de seu por seren alcaldesas, ou deputadas ou escritoras ou o que cadre. Pero creo que polo de agora aínda non. Moitas grazas pola túa comprensión. Se hai algo que poida facer para axudarte noutros temas wikipédicos, aquí estou para axudar. E continúa editando, que sempre fan falla máis voces diversas. Un saudiño! --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de marzo de 2017 ás 06:45 (UTC)[responder]