Conversa usuario:2.83.201.216

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 2.83.201.216 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:20, 1 de decembro de 2010 (UTC)

Problemas[editar a fonte]

Ola, ip. Por favor, antes de seguir creando artigos, dálles o formato que aquí estilamos e presta especial atención á lingua, porque hai un bo número de lusismos. Se tes dúbidas, recorre á guía de edición, a dicionarios e gramática. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:20, 1 de decembro de 2010 (UTC)

Por favor, fai o que che digo e non obvies as mensaxes. Segues a crear e outros temos que ir detrás arraxando o que fica a medio facer.[1]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:30, 1 de decembro de 2010 (UTC)
Insisto, e é a 3ª vez.[2]. Non sigas creando artigos até non teres arranxando os que xa fixeches. --Atobar (conversa comigo) 12:39, 2 de decembro de 2010 (UTC)

Mas eu não sei o que há de errado com esses artigos... Dá-me o exemplo de um artigo de música para eu seguir o formato.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 2.83.201.216 (conversacontribucións)

  • Nas linguas que che adxunto arriba xa hai exemplos do que vai errado. De calquera maneira, bótalle un ollo a, por exemplo Willie Colón, que te unha boa estrutura de formato. Canto á lingua, debes tratar de comprobar con dicionarios, gramáticas e tradutores, porque o portugués é unha lingua irmá pero non a mesma, e moitas veces conduce a erro -presta especial atención á forma de acentuación, que varía dunha lingua á outra-. E outra cousa: para poñerte en contacto cun usuario, é na páxina de conversa deste, non na túa. E que non che esqueza asinar as mensaxes. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:16, 2 de decembro de 2010 (UTC)
Non sigas a crear artigos. Ex.: Peixe : avião. Antes Adapta, corrixe e dá formato aos que xa fixeches. Outros non poden estar pendentes de ti. Non obvies esta mensaxe. --Atobar (conversa comigo) 16:11, 2 de decembro de 2010 (UTC)

Ah OK, desculpa, só li a tua mensagem depois de criar o artigo "Orelha Negra" —o anterior comentario sen asinar foi feito por 2.83.201.216 (conversacontribucións)

  • Ip, asina as túas mensaxes e escribe na páxina conversa do usuario ao que desexes dirixirte. Outramente, non chega o aviso e ninguén saberá se respondiches ou non. Á marxe diso, neutralicei o artigo que estiveches a editar e pídoche de favor que os contidos que metas sexan de interese enciclopédico. Revisa isto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:22, 2 de decembro de 2010 (UTC)

Douche aviso: non sigas creando máis até que non arranxes os que xa fixeches. Volvín arranxar un teu, porque tal e como os deixas non están acabados. [3]. Sei que ao comezo é difícil, pero cómpre que fagas o que che indico, porque senón dásnos traballo aos demais. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:44, 3 de decembro de 2010 (UTC)