Conversa usuario:2.138.130.149

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 2.138.130.149 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de outubro de 2016 ás 16:47 (UTC)[responder]

Reversión[editar a fonte]

Ola, ip. Revertín a túa edición. Empregamos o xénerico Accidente de (Chernóbil, Angrois etc.) para referirnos a sucesos dende un posicionamento neutro e enciclopédico. Iso non quita para que, con referencias, despois se poida engadir que tal ou cal cousa foi unha neglixencia, que houbo controversia, mala fe etc. Se tes dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de outubro de 2016 ás 16:47 (UTC)[responder]