Conversa modelo:Chembox

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tradución[editar a fonte]

Teño que traducir aínda todos estes modelos e módulos que fixen hoxe. Agora non teño tempo. A ver se sei facelo, porque polo momento non atopo onde teño que facer os cambios nalgúns casos. Tamén faltan as wikidatas e as categorías dos modelos e borrar algúns submodelos de documentos innecesarios, e estou borrando as categorías que saen cando faltan datos (Falta O ID de ChemSpider, Falta isto, Falta aquilo), e aínda non borrei todas. Pero iso terei que velo outro día e vaime levar toda a semana.--Miguelferig (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 21:52 (UTC)[responder]

Continúo traballando neste magamodelo e nos seus módulos. Leva moito tempo, que non teño estes días. Paciencia. Polo momento a caixa aparentemente funciona case perfecta, pero aínda hai algunhas cousas que arranxar e poñer os ficheros /uso, categorías nos modelos, wikidatas, etc. (moitas xa están)--Miguelferig (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 19:05 (UTC)[responder]
Actualmente estou na fase de ver que hai que simplificar no modelo, como as verificacións que requiren un bot especial. Vaime levar uns días. Tamén dan algúns problemas algunhas conversións de temperaturas (ºC, ºF K) e redondeos; o demais parece que xa funciona ben.--Miguelferig (conversa) 20 de xaneiro de 2014 ás 11:28 (UTC)[responder]

"*en outros solventes"[editar a fonte]

Boas, no artigo Histamina aparece nesta caixa o texto "Solubilidade *en outros solventes", debería ser "Solubilidade noutros solventes". Estiven mirando de onde sae ese texto e non o atopei, a ver se alguén sabe como amañalo, Miguelferig quizais? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2016 ás 12:31 (UTC)[responder]

Pódese tentar engadir unha variable en Modelo:Chembox Properties na que se indique a preposición a usar e incluír unha variable en Modelo:Chembox Solubility que reciba o valor e amose a etiqueta correcta. Resulta complicado xa que son modelos anidados... probablemente sería mellor traballar directamente nunha actualización xeral do modelo. Banjo tell me 2 de decembro de 2016 ás 12:44 (UTC)[responder]
Non sei se saberei. O que creo que ocorre é que o modelo:Chembox Solubility ten un "en" como preposición e despois coloca a seguinte palabra e non lle fai contraccións sexa a que sexa. Podería poñerse "en... diversos solventes" parq que non haxa necesidade de facer contraccións, pero hai que buscar onde está "outros solventes" para poñer "diversos solventes". Xa non sei onde pode estar iso.--Miguelferig (conversa) 2 de decembro de 2016 ás 16:33 (UTC)[responder]
Feito! Feito! (daquela maneira pero feito). Xa o arranxei Elisardojm na caixa da propia páxina da histamina. Púxen alí "diversos solventes".--Miguelferig (conversa) 2 de decembro de 2016 ás 16:42 (UTC)[responder]
Grazas Miguelferig! Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2016 ás 01:00 (UTC)[responder]