Conversa categoría:Ditadores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propor o borrado[editar a fonte]

Gustaríame propor o borrado desta categoría, pero antes quería debatelo un pouco coa comunidade. A miña razón é que a categoría 'Ditador' é moi vaga. Supoño que se aplica a todos aqueles mandatarios que non gobernaron en democracia... pero dende cando? E... que tipo de mandatarios? Só xefes de estado? Iso inclúe todos os monarcas dende a Idade Media ata os nosos días. Tamén imaxino que a maior parte dos xefes de estado de países e estados do mundo. Ten iso algún valor? Porén, os que están listados neste momento son, por así dicilo, "ditadores chungos". Ou sexa, xenocidas, ditadores que nos quedan preto aos galegos, e... pouco máis. Ademais, o imprecisión temporal torna a definición aínda máis conflitiva: se aplicamos o criterio de que son ditadores os xefes de estado que non foron elixidos polas urnas, sáenos que Xoán Carlos I de España é un ditador, e creo que é dificilmente xustificable. E que denominamos democraticamente elixido? Os papas, por exemplo, son elixidos democraticamente por unha pequenísima parte do censo. Tamén así os gobernantes de Sudáfrica anteriores a Mandela, e calquera gobernante elixido antes de que as mulleres puidesen votar. Son todos eles ditadores? Que dicides? Creo que o feito de considerarmos na redacción do artigo a Franco e a Videla como ditadores non é complexo; crear unha categoría, si. --Xabier Cid Talk, please 19:28, 12 de abril de 2011 (UTC)

Bueno, pois daquela vouna propoñer para borrar. --Xabier Cid Talk, please 07:13, 13 de abril de 2011 (UTC)