Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Literatura

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rosalía de Castro[editar a fonte]

Nesta listaxe non está Rosalía de Castro porque xa ten a calidade precisa?. Lles (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 08:02 (UTC)[responder]

Lles, tes toda a razón, falta porque estas listas son a versión inicial, traducidas e adaptadas un pouco dende eu.wikipedia, esta é a primeira fase coas listas en "bruto". Cando estea rematada esta fase haberá que repasalas un pouco para corrixir estes erros de vulto, e despois haberá outra fase na que haberá que buscar axuda de profesores destes niveis educativos, e destas materias, para que nos axuden a axustar o mellor posible estas listas ó currículo galego. Estas fases irei anunciándoas na taberna, pero os erros coma este que se vaian atopando xa poden irse amañando :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]

Un tranvía chamado desexo / Un tranvía de nome desexo / Un tranvía de nome Desexo[editar a fonte]

Aparece en distintas páxinas con estas tres denominacións. Lles (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 08:09 (UTC)[responder]

Polo que eu sei Un tranvía de nome desexo é a versión que fixo a companía Balea Branca da obra de teatro e Un tranvía chamado desexo é o título que recibiu o filme cando se pasou pola TVG.--HacheDous=0 (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 08:45 (UTC)[responder]

Cunqueiro en dúas seccións e (moitos) máis casos posibles[editar a fonte]

Álvaro Cunqueiro está duplicado, estaba en "literatura universal" (o puxeron aí os vascos) e agora está tamén en "literatura galega" (púxeno eu). Ao que vou, ou quitamos a Cunqueiro de "universal", ou teremos que poñer a moitos outros en "universal": Rosalía, Cela etcétera. E, nese caso, a eses os teremos duplicados nas dúas seccións? ou os borraremos de "literatura galega"??? --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2019 ás 12:56 (UTC)[responder]

Non, non debe haber duplicados HombreDHojalata, eu penso que hai que deixar os galegos só na sección de literatura galega. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 23:09 (UTC)[responder]

Novos artigos engadidos[editar a fonte]

Boas HombreDHojalata, o artigo de Xosé Antonio Neira Cruz, con que criterio o engadiches á lista? Non é un dos homenaxeados no Día das Letras Galegas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2019 ás 10:55 (UTC)[responder]

Non, claro. Para que te dediquen o Día das Letras hai que levar, mínimo, 10 anos morto.
O criterio é absolutamente subxectivo. E o mesmo pasa cunhas 20 entradas máis que engadín. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2019 ás 17:52 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, penso que habería que buscar algúns criterios mínimos obxectivos, por que se non a lista sería infinita e non valería para nada. Ou polo menos, os artigos que non estean dentro deses criterios poderían proporse na páxina da conversa e debaterse. Creo que un bo criterio mínimo, neste caso, é que fosen homenaxeados no Día das Letras. Que outro criterio podemos poñer? Podes dicirme que outras entradas achegaches que non sexan dos homenaxeados?
A maiores, hai que ter en conta que a lista non debe superar demasiado os 1000 artigos, polo menos na medida do posible, e que ten que estar balanceada en función do peso das materias do currículo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2019 ás 20:09 (UTC)[responder]
Adiante, adiante. Aplica criterios. Elimina os nomes que queiras… pero ¿que criterio empregaches para poñer (é só un exemplo) a Víctor López Seoane en Bioloxía e Xeoloxía. Sabías que Víctor López Seoane foi un defraudador, un mentireiro que falseou as súas publicacións?
Os persoeiros que puxen na listaxe "Literatura galega" aos que non lle adicaron o DLG (aínda), están todos seguidos, cara o final da lista, e son: Agustín Fernández Paz, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Marilar Aleixandre, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Antonio Neira Cruz, Francisco Fernández del Riego, Manuel Rivas, Suso de Toro e Xabier P. DoCampo. Non lle puideron adicar o DLG porque uns están vivos e outros hai menos de dez anos que morreron. Cinguirse ao DLG implica cinguirse a autores que leven máis de dez anos mortos.
Engadín tamén outros nomes coa obra (grandísima obra), basicamente, en castelán: Ramón María del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Camilo José Cela e Gonzalo Torrente Ballester, aos que nunca lle van a adicar o DLG, porén imprescindibles se falamos de "Literatura galega", entendendo como tal non só á escrita en lingua galega.
Eu fíxeno, repito, de xeito completamente subxectivo, pero é que tódalas listaxes deste proxecto pecan do mesmo. En orixe veñen da wiki en éuscaro (que traemos sen entender éuscaro). Traémolas sen controlar os criterios que empregaron alí. Despois adaptamos ignorando completamente o currículum oficial galego... Un proxecto moi loable e voluntarioso máis con cero obxectividade e de dubidosa utilidade. Para min o peor e máis grave do asunto e poñerlle as iconas aos artigos sen previamente ter medianamente claras as listaxes. Poñemos o carro diante dos bois, penso. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2019 ás 21:09 (UTC)[responder]
Entendo o que dis, é certo que hai artigos, uns poucos, que hai que manter e que ó mellor non se poden fundamentar nun criterio obxectivo claro. Pero non hai problema, o que eu digo é que poñamos uns criterios obxectivos, e os artigos que non entren neses criterios se debatan e consensen. Outro criterio que penso que é ben obxectivo: que sexan, ou fosen, membros da RAG. Agora engade ti outros criterios obxectivos.
Revisarei a lista de artigos que indicaches, concordo contigo en que moitos escritores galegos en lingua castelá non se poderán incluír neses dous criterios, pero teremos que buscar outros, non? E se non se atopan, entón haberá que propoñelos e debatelos.
Tes razón en que engadín a López Seoane sen moito coñecemento, polo meu descoñecemento era un dos poucos primeiros científicos galegos recoñecidos que lembraba nese momento, se pensas que non debe estar, coméntao na conversa desa materia e falamos alí.
As listaxes que hai agora son unha base que veu de eu.wiki, é certo que non sei éuscaro, pero tódolos títulos de artigos foron adaptados segundo os interwikis ou preguntando en varias wikis a súa tradución, así que niso non vexo problema ningún.
O de poñer as iconas nos artigos paréceme o máis importante, e non me importa cambiarlle a icona de novo a tódolos artigos, porque é a única forma que hai dentro da Galipedia de que outros editores e lectores coñezan o proxecto e cheguen a interesarse por el. Hai que traer a xente ó proxecto porque se non está claro que non valerá para nada. E se hai que cambiar as listas 100 veces e as iconas outras 100, non vexo o problema, así é como funciona o proxecto dos 1000 artigos que toda wiki debera ter, o que pasa é que esa lista ten moitos anos e xa está moi trillada, pero se a segues, saberás que segue en continuo movemento e mellora, de feito esta mesma semana houbo unha proposta de modificación... Esta parte da resposta vale tamén para Piquito que comentou o mesmo noutro sitio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 10:39 (UTC)[responder]

Non creo que o de ser membro da Academia sexa un criterio válido. Ten habido moitos membros da RAG que son irrelevantes para un estudante da ESO. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2019 ás 10:57 (UTC)[responder]

Na miña opinión o tamaño e a relevancia que se lle dá a esta sección é tremendamente desproporcionado, poñer todas as personalidades homenaxeadas no Día das Letras Galegas non me parece un criterio, entre esas personalidades hai algunhas realmente importantes e moitas (a maioría) que son irrelevantes máis aló do ano no que foron homenaxeadas. Non entendo que haxa máis de 200 artigos sobre literatura, de feito hai máis que na sección de bioloxía e xeoloxía, máis que en física e química... de feito só a sección de historia conta con máis artigos (os indicados nesa sección e varios que hai na de cultura clásica (como as guerras médicas, que ben podían -e na miña opinión, deberían- estar en historia). Eu eliminaría case 100 artigos desta lista, con 150 paréceme máis que suficiente. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 11:09 (UTC)[responder]

O que eu creo é que este proxecto é imposible de facer sen un convenio de colaboración coa Consellería. Deberían ser as autoridades educativas competentes, e non nós, os que determinen cales deben ser os artigos. Calquera outra cousa é unha inventio.

Propoño que se envíe un correo dende a A3GAL expoñendo o caso. A ver se contestan e que contestan. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2019 ás 12:20 (UTC)[responder]

Retomo o tema porque non podía revisar isto con tempo e deixeino pendente ata agora. Tedes razón os dous, Piquito, o número de artigos está desproporcionado, e HombreDHojalata, precisamos axuda de varias persoas que coñezan as materias para axeitar a lista. Pero, mentres non temos esa axuda, temos que tirar para adiante como poidamos, eu diría que hai que reducir esta lista e propoño, baseándonos na lista adaptada de eu.wiki desta versión, que ten 154 artigos, comentar os imprescindibles que habería que engadir. Eu agora entendo que poñer todos os homenaxeados no DLG e membros da RAG é excesivo, hai que decidir un número de escritores imprescindibles a engadir, por exemplo, 10... Parécevos ben? Entendo que Rosalía e Castelao non poden faltar. E hai que ter en conta que nesa lista xa está Manuel Rivas e María Victoria Moreno, que ó mellor habería que cambiar por Antón Fraguas...
Por certo, curioso que menciones a A3GAL, HombreDHojalata, esa idea xa foi comentada no guasá da asociación, e é unha tarefa que espero que comece tan pronto como estean amañados o trámites burocráticos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2019 ás 13:34 (UTC)[responder]
Fraguas xa está na lista, foi incluído a continuación e ao mesmo tempo que M.ª Victoria Moreno.
A min non se me ocorre un criterio obxectivo para incluír. O que si se me ocorre é un criterio para excluír, nesta e noutras materias.
O criterio que se me ocorre para excluír afecta ás ligazóns vermellas: Hai que ver cantas páxinas ligan cara á ela: se ningunha outra páxina da wiki liga cara a ela hai que eliminala.
Se a ninguén se lle ocorreu nunca ligar ese tema … non debe ser un tema moi troncal.
Hai varios casos. Por exemplo: What We Talk About When We Talk About Love (d:Q3756652) ¿é importante para o currículum dun rapaz galego?
Dis: "precisamos axuda de varias persoas que coñezan as materias para axeitar a lista. Pero, mentres non temos esa axuda, temos que tirar para adiante como poidamos,"
Pois non, eu penso que non. Se non sabemos algo non vale tirar para adiante inventandoo.
Nin user:HdH nin user:Elisardo deciden que é o que teñen que estudar os rapaces (suponse que os rapaces galegos). --. HombreDHojalata.conversa 17 de xaneiro de 2019 ás 17:53 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, este proxecto non é para dicirlle nada a ninguén, é simplemente para mellorar unha lista de artigos que poden ser de utilidade para os estudantes destas idades. O criterio q propós non me parece axeitado, q non existan ligazóns a un artigo non quere dicir moito, a Galipedia é pequena e concentra moitos artigos en Galicia e as cousas q a rodean, noutras wikis si existen eses artigos e están ligados.
Vou poñer a lista como estaba ó principio e despois podemos falar de que autores se deben engadir, ou quitar, tendo en conta que esta sublista non debe incrementarse de forma excesiva para balancear o seu contido coas demais listas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 07:37 (UTC)[responder]

--. HombreDHojalata.conversa 11 de febreiro de 2019 ás 08:29 (UTC)[responder]

HombreDHojalata acabo de revisar a páxina de eu.wiki e cambiaron bastante o contido, agora só teñen dous apartados, literatura éuscara e literatura universal, en literatura universal teñen case o mesmo ca nós, pero en literatura éuscara teñen 160 entradas. Non sei se é que cambiaron a ponderación das materias ou se aumentaron o número total, terei q revisalo. Como nós en literatura galega só temos 26 entradas, podemos engadir os homenaxeados no Día das Letras, máis ou menos como estaba antes xa desfago o da mañá, e logo miramos que outras entradas se poden achegar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 15:41 (UTC)[responder]
Eli, se isto vai a ir en función do que fagan ou desfagan na wiki en éuscaro ... eu abandono. Agur. --. HombreDHojalata.conversa 11 de febreiro de 2019 ás 16:00 (UTC)[responder]
Non, non é esa a idea, pero polo momento é un sitio que é doado seguir e no que basearnos, en canto haxa máis fontes claras nas que apoiarse, e colaboración dende a comunidade educativa, entendo que as listas iranse estabilizando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 21:41 (UTC)[responder]

Artigos repetidos[editar a fonte]

Agora mesmo, hai artigos repetidos. --. HombreDHojalata.conversa 23 de febreiro de 2019 ás 23:04 (UTC)[responder]

Quitei a Cunqueiro que foi o que atopei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2019 ás 15:46 (UTC)[responder]