Conversa Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Razóns do usuario Lansbricae[editar a fonte]

  1. "Teño serias dúbidas sobre a identidade deste usuario. Ao meu entender ten dado mostras suficientes para que sexa moi probable que se trate dun monicreque. " Isto é opinion persoal que non se debe facer en secas pola gravidade dos feitos, é solo se deben expoñer con conocementos de feitos que se buscan. Sexa esta opinion sobre dubidas é en balde e irresponsable. Sexa Lansbricae esta buscando a defensa da Galipedia e niste caso é de supoñer que anda amasando feitos razoados para aclarar e levar a cabo o que di. Ninguén esta a sua disposicion para facer o traballo de investigación si non comparte a base das dubidas e que non lle vé fundamento previo.
  2. "Pasou de aparentar non saber subir unha imaxe e cubrir moi limitados contidos como editor á continuación especializarse, e dedicarse case en exclusiva a revisar mensaxes do sistema dun xeito que require coñecementos técnicos que só un ex administrador ou usuario moito máis experimentado podería posuir." Isto tamén é opinion mui persoal. Hai usuarios en todas wikis que teñen competencias technicas propias e cando chegan as wikis faille falta algéun tempo para que as adapten as particularidades das wikis e poden parecer necios algún tempo, e logo en seguida collen o xeito. As ferramentas de administrador necesitan un minimo de conocementos technicos, maís a competencia technica non é unha carateristica previa do administrador. É unha boa cousa que un usuario que fai moito traballo technico sexa tamén administrador, sendo administrador está mais vixiado pola comunidade.
  3. " O feito de que ata o de agora o editor non tivese habilitado o seu correo electrónico, semella que ata xusto o momento en que veu de recibir a proposta, é un dato que me fai sospeitar, da imparcialidade ou indivudalidade propia de Toliño." Si ata agora non se lle ocurrio, poís agora tivo que facelo por haber aceptado a proposta de ser candidato. Punto, porque iste feito podese interpretar o revés do que di Lansbricae.
  4. Se houbese a posibilidade de pedir que un checkuser comprobase que a identidade de toliño non coincide coa de ningún ex-administrador mudaría o meu voto e desculpariame polas sospeitas. Sobre ista posibilidade hai moita literatura nas diferentes wikis, a ver si alguén que sexa mui amable a busca e dalle un resumo a Lansbricae .... agás faga il a investigación.
  5. Conclusion : Por unha banda hai as achegas do usuario Lansbricae que ninguén lle quita nin critica, o seu obxectivo é loable e compartolo. Por outra banda hai a participación do usuario Lansbricae a construción necesaria da comunidade. Niste segundo aspeto o usuario Lansbricae opina, mui ben ; o usario Lansbricae pide mais claridade sobre o noso modo de funcionar, mui ben e moitas maís cousas que semellan moito interes por o proxecto que naceu fai xa 5 anos. Poís neste segundo punto eu non entendo o obxectivo de Lansbricae : hoxe en concreto para a elección dun administrador ElviraConversa comigo 21:48, 19 maio 2008 (UTC)
Particularmente, ademais, o punto 3 é falso. Aínda que como ben aclara Elvire non ten importancia. --Xabier Cid 21:59, 19 maio 2008 (UTC)

Non pensaba editar nin unha coma, pero como podo apuntar dúas cousas importantes neste tema, síntoo, non quero calar, 1º eu pedinlle ao usuario Toliño na súa páxina de conversa non hai moito tempo (pódese comprobar en Betawiki porque coincide co seu rexistro) se se animaba a participar en Betawiki, fíxeno alí porque non tiña o seu correo activado, así que polo menos ata hai moi pouco o que di Xabier non é certo. Ademais como se lle pediu que o activase? Que problema hai en dicilo? Eu a Miguel.Lima comenteille polo irc da Gali que o tiña tamén desactivado e activouno, porén non atopo na páxina de conversa de Toliño (como si se lle pediu ao usuario Caronium polo administrador Sobreira) esa petición, nin tampouco Toliño é un usuario que se conecta ao IRC. Polo tanto, non sei como se pode contactar cun usuario, pedirlle que sexa administrador e que active o correo, por telepatía? Non viría mal unha explicación. 2º- Se alguén, sexa quen sexa ten dúbidas de que un usuario non é un usuario, senón un sockpuppet ou meatpuppet, cito textualmente a Xabier Cid: "Non o tomes a mal, segue editando coma sempre e os teus actos amosarán que non é certo". Outra posibilidade é recurrir a un checkuser, opción que existe, e dese xeito quedaría demostrado se o é ou non.

Por último, (e isto sí é só a miña opinión persoal) só un consello como ex-usuaria, da moi mala imaxe, o dobre raseiro que cada vez máis aplicades. O administrador Lmbuga acusa sen probas a Xosé de peseteiro e chega a bloquealo e non pasa nada (e todos os administradores o consentides), o usuario Prevert "demoniza" a ese mesmo administrador coñecendo que se atopa ausente e que non pode respostar as súas acusación e tampouco hai "solidariedade" co acusado, iso si aqueles usuarios que protestan por ese atropello, son atropelados por un ou outro deses administradores. Pódense riscar os votos a posteriori nunha votación sen deliberación previa pero non se pode pedir unha comprobación de identidade cando un usuario ten unha dúbida sobre alguén que é proposto para nada máis e nada menos que ser "administrador". Ninguén discute que isto non é ningún experimento democrático, pero o de que ante situacións iguais ou semellantes se apliquen solucións distintas en función de quen sexa o implicado........ da unha idea da "orientación ideolóxica que recuperachedes" polo visto. Noraboas a todos. Isto sí é pluralidade e respecto. Ben se nota no crecemento da Galipedia. Non hai peor cego que o/s que non queren ver. Iso sí que vos vaia "bonito". A min vaime xenial. Alma (fálame eiquí) 10:03, 20 maio 2008 (UTC)

Un par de aclaracións:

  • Efectivamente, eu non sei nin podo saber cando decidiu o usuario Toliño habilitar o seu correo. Pero sei que hai un par de meses, e usando o correo, un administrador se puxo en contacto con el. O principio da navalla de Ockham di que entre dúas explicacións a máis sinxela é a verdadeira. Claro que ese principio non ten en conta que a teoría da conspiración é sempre máis fermosa.
  • Como ben sabes, Alma, checkuser is not for fishing (en:Wikipedia:Requests_for_checkuser/Indicators)
  • Efectivamente, os feitos e o historial de edicións demostran que o usuario Toliño non é un monicreque... (de quen?). Non hai peor cego que o quere ver, diría eu. --Xabier Cid 10:46, 20 maio 2008 (UTC)
  • Polo que pon na wiki inglesa sobre o checkuser (en:Wikipedia:Requests_for_checkuser), parece que teñen que estar moi xustificadas as sospeitas para poder usalo. Sería bó que Lansbricae ampliase un pouco os motivos da súa sospeita, pois os que expuso ate ao de agora, ao meu entender, non demostran nada, nin sequera que sexa probable que se trate dun monicreque. Miguel.lima 18:24, 20 maio 2008 (UTC)

Re a Miguel Lima. Non tiña pensado entrar máis nesta votación. O motivo de que non aporte máis causas, ou concrete máis as expostas, do que penso é o convencemento de que a miña opinión non é máis que iso unha opinión, non pretendo con ela influir no criterio dos demais. Pódese analizar o historial de Toliño e a súa páxina de conversa para facerse unha idea do tipo de usuario e o xeito no que participou ata o de agora. Tamén pódense contrastar estes actos cos criterios para a detección e tratamento de un monicreque (sockpuppets e derivados...) propostos por Xabier Cid, e que a pesares de non ter sido aprobados foron aplicados tal e como o propoñente prometera seguindo o seu criterio individual (na mesma votación onde se rexeitaba esa política, sic. Tamén se poden ver no historial de Prevert, por exemplo, as recomendacións feitas (por exemplo a min) sobre a boa posibilidade de "resucitar" nun proxecto wiki cun novo usuario libre dos actos realizados utilizando o anterior avatar.

O resto de causas non podo expoñelas sen facer públicas conversas particulares (con outros usuarios), que a pesares de ter sido a maioría delas con avatares e non persoas identificables non creo que teña o dereito de facelas públicas. A miña intención non é demostrar nada, nin executar ningunha medida seguindo o meu criterio, só votar e opinar. Non creo que fose unha mellor alternativa facer unha descrición persoal do historial de Toliño con ligazóns aos eventos que considere salientables e válidas para confirmar as miñas conxeturas, xa que creo que ese tipo de exposición sería unha descontextualización do seu actuar exposta baixo unha visión demasiado particular. Creo polo tanto na posibilidade de que cada quen conforme o seu criterio libremente e actúe seguindoo e espero que co tempo sexa a práctica habitual neste proxecto. Lansbricae (Ti dirás) 10:36, 29 maio 2008 (UTC)

Correcto. Levamos sen facer ningún tipo de edición significativa en semanas. Pero editamos nas votacións. E nas votacións acusamos un usuario de monicreque (algo en si correcto) sen achegar ningún tipo de razonamento. Pídense eses razonamentos e dísenos que "en la web está". Pois non, na web non está. E se existe esa posibilidade de que Toliño sexa un usuario monicreque, polo ben da wikipedia, pídoche encarecidamente que digas que che leva a pensar iso. Porque eu, así me falte dios, non vexo ningún tipo de elemento que me insinúe isto (IP propia, axenda de edicións propia e moi particular, criterio totalmente independente en votacións...). Pero ao mellor ando moi despistado. --Xabier Cid Conversa 10:47, 29 maio 2008 (UTC)
Como ben di Xabier Cid, si pode ser un monicreque, polo ben da wikipedia, o mellor será tentar confirmalo e decidir que se fai con el. Si non cremos que o sexa, outra vez polo ben da galipedia, o mellor será retirar as acusacións. Sobre o de que chega con "analizar o historial de Toliño e a súa páxina de conversa", a min deixame como estaba, como supoño que á maioría dos usuarios que non teñen tempo para investigar as conversas e contribucións dos demáis, só por si acaso. Saúdos Miguel.lima 07:36, 31 maio 2008 (UTC)