Conversa Wikipedia:Votacións/Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A favor de remitir a votación dunha política que forza a carga de imaxes en Commons[editar a fonte]

Elementos principaís que xustifican ca comunidade ten que debatilos antes de coller unha politica que forza a carga de imaxes en Commons : a) renuncia de gardar a ferramenta de cargas à disposición na Galipedia ? ab)renunciamos a todolos ficheiros que non poden ir a commons por falta de licencia requirida en Commons ? ac) renunciamos a todo tipo de axuda sobre carga de imaxes ? b) que pasa cos ficheiros subidos a Commons que que teñen orixen na Galipedia ?

  • A ferramenta de cargar ficheiros na Galipedia, si ollamos esta páxina en META, podemos ver que de case 50 wikipedias só 6 renunciaron a ferramenta de subida de imaxes. Pensar no que se pode seguir cargando : o primeiro que me ven a mente é dos logos (non atopei a licenza dos logos, supoño que adaptamos a solución que temos en Televisión de Galicia cargada na Galipedia pero que tamén podese ter en Commons como fixeron na wikipedia en alemán (w:de:TVG (Fernsehsender)) collendo o logo en Commons onde leva un aviso que ainda non traducimos ao galego; tamén hai a solucións propias escollendo no proxecto o fair use como nas wikipedias FR e En). Teriamos que pasar por aqui e logo crear algo similar a PT e axuda PT, ou http://fr.wikipedia.org/wiki/Wikip%C3%A9dia:Exceptions_au_droit_d%27auteur Fr]. Decir que pasamos todas imaxes a commons sen mais esplicacións ten consecuencias que merecen atención : cando en commons as imaxes teñen orixe na Galipedia é de supoñer cas imaxes subidas por usuarios que non son os autores van borrarse, para que queden en Commons tera que volvelas subir o autor. No debemos esquecer que no montón de imaxes que temos na Categoría:Imaxes sen Orixe hai tesouros que sabemos ben que non peligran nada e que perderemos en commons. Ver tamén Categoría:Wikipedia:Imaxes sen licenza e Categoría:Imaxes sen Orixe de posible autoría propia.
  • Ainda queda moito por decir, pero non é o lugar nin o momento de debatilo.
  • A miña proposta é de gardar a ferramenta cunha carga directa a unha axuda do tipo da wikiFr. Grosso modo cando se preme no botón "cargar un ficheiro" esta claro que debe irse a commons, pero quedan posibilidades : ter axuda no proxecto con unha ligazón a taberna das imaxes da WikiFR, cargar ficheiros espeficicos e un aviso ao final que di que si se carga unha imaxe correse o risco de vela borrada. Teño que engadir que nistos dias hai dous debates na Wikifr relacionados. o primeiro para borrado da taberna multimedia da WikiFR, os que apoian o borrado propoñen que se troque a ligazón da ferramenta de cargas a taberna en francés de commons e outros que a ligazón apunte a taberna xeral. O segundo retirar a posibilidade de cargas de ficheiros sobre edificios recentes xa ca lei francesa prohibeo.

Por unha banda é muito traballo, e por outra banda temos que medir o que perdemos con unha politica forzosa como na wikiES. Sabendo que esta comprobado cas fotos atraen usuarios CF o Wikilovemonuments.

Xa falei demasiado. O que diga a comunidade, eu adaptome --Elvira (conversa comigo) 15:48, 16 de outubro de 2011 (UTC)

Perdóame Elvire, pero fas unha mistura de ideas, algunhas delas completamente erróneas e outras que non teñen conexión entre si, nin co caso que nos ocupa. A páxina de Meta que ligas fai referencia so a 50 wikis. Como sabes hai moitas mais. Como xa se ten comentado, cando comezaron moitas wikis, inda non existía Commons, ese e un dos dous motivos de que moitas conserven esa opción. O segundo motivo principal, que tamén se comentou, é que moitísimas wikis permiten subir contidos que non son libres (fair use), iso tamén o podes ver na propia paxina que ligas.
As normas sobre as licenzas en Wikimedia Commons e na Galipedia son exactamente as mesmas, que non son outras ca as que impón a lexislación internacional. Nin máis, nin menos.
O fair use nin se admite, nin nunca se admitirá, nin en Wikimedia Commons nin na Galipedia. Non está contemplado polas leis internacionais nin españolas. Está contemplado nas leis dalgúns países e por iso nalgunhas wiki fan uso del.
Os logos, non todos, pero sí algúns dos que dis, poden considerarse no dominio público porque son simples. E xa esta. Están no Dominio Público. A licencia é "Dominio Público", sen máis. Outra cousa é que se adoita especificar o motivo de porqué están no dominio público. Dominio Púbico por antiguidade..., porque o licenciou o autor así..., porque unha letra "G" non ten orixinalidade suficiente para ser unha obra que teña protexidos os dereitos de autor... ou polo que sexa... e entón fanse modelos para iso: {{PD}} {{PD-formas simples}} {{PD-antiga}} {{PD-arte}} {{PD-propia}}. Pódense facer 50 modelos, se fan falta, ese non é o problema. Para o caso dos logos da TVG podes empregar os dous primeiros e mesmo explicar con texto o que queiras no apartado da licencia, no apartado da descrición, etc, etc, etc. Pero o tema é que o logo ca:Fitxer:Terra-galega.jpg non o debes subir á Galipedia porque non tes os dereitos de autor desa obra..., non está no dominio público..., non é simple dabondo para considerar que non poida ter dereitos de autor...
O que se está a votar é pechar a subida a Galipedia. Se despois hai que borrar ou non as que xa haxa na Galipedia non está no enunciado da proposta e é outro tema. Se non conseguimos acordar na primeira cuestión non vamos a entrar a debater noutras posteriores.
Calquera pode subir un ficheiro da Galipedia a Commons e ninguén o vai a borrar porque non hai ningún motivo para facelo (obviamente hai que subilo de forma axeitada, especificando orixe, autor, licenza...).
Por último, non teñas medo. A proposta non vai saír adiante, precísanse de tres votos a favor por cada un en contra e non vai ser o caso. O que si é que estamos repetindo unha e outra vez argumentos que xa se aclararon e están escritos.
Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 17:18, 16 de outubro de 2011 (UTC)


Elvira comento algunhas das túas ideas:
a) renuncia de gardar a ferramenta de cargas à disposición na Galipedia?. Si, esa é a parte principal da proposta.
ab) renunciamos a tódolos ficheiros que non poden ir a commons por falta de licencia requirida en Commons ? Si claro, as licencias das imaxes permitidas na Galipedia son compatibles coas de Commons, entón se algunha imaxe non pode ir a Commons tampouco debería estar aquí.
ac) renunciamos a todo tipo de axuda sobre carga de imaxes ? Non, a proposta que había na conversa que se fixera falaba de facer unha páxina de axuda que sustituiría á páxina de carga de ficheiros e iso non é incompatible co que di esta proposta, iso é complementario. De feito xa teño comezada esa páxina en Wikipedia:Como cargar imaxes pero está sen rematar, antes de pechar a suba de imaxes habería que rematala pero iso non é problema.
b) que pasa cos ficheiros subidos a Commons que que teñen orixen na Galipedia ?. Non lles vexo problema, quedarían tal e como están. Aquí intúo algo polo que che pode xurdir esta pregunta, non sei si acertarei :). A idea da proposta é pechar a suba de novas imaxes á Galipedia e facer unha páxina de axuda que explique que imaxes están permitidas e que envíe ós usuarios a Commons, iso é o principal. Logo o que haberá que facer será revisar tódalas imaxes con problemas que están cargadas na Galipedia para amañalas ou borralas, e despois haberá que copiar tódalas imaxes da Galipedia e que non estean en Commons a ese servidor. Na Galipedia non se vai borrar ningunha imaxe correcta das que se cargaron, quedarán aquí como referencia e fonte para Commons.
Sobre o comentario das cousas que se poden seguir cargando se deixamos a ferramenta de suba de imaxes activa eu penso que non debemos facer iso. As imaxes que son válidas para a Galipedia tamén o son en Commons, se usamos a Galipedia para cargar imaxes con dúbidas sobre os dereitos de autor podemos traer problemas para os proxectos ademais de que deixamos a porta aberta a que se sigan subindo ficheiros sen levalos a Commons. Se nas categorías de imaxes da Galipedia hai imaxes con problemas este será un bo momento para revisalas e poñelas ó xeito.
O que temos que ter claro é que esta proposta non pretende facer que se perda ningunha imaxe das que están cargadas na Galipedia, a non ser que deba borrarse por non reunir as condicións das imaxes que se poden gardar aquí.
Sobre o de que as fotos atraen usuarios estamos de acordo, pero para iso non é preciso que podan subir as fotos na Galipedia, de feito o proxecto que mencionas, WLM, naceu e fundamenta o seu funcionamento en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:49, 17 de outubro de 2011 (UTC)

No

Máis cousas, sobre o logo de Terra Galega que usan en ca-wiki, http://ca.wikipedia.org/wiki/Fitxer:Terra-galega.jpg, o que pasa é que ese logo non é libre, na wiki en catalá están a usalo porque o permite a súa política de imaxes, pero iso nós non o podemos facer aquí porque non está permitido.
O tema dos logos xa o comentou moi ben HombreDHojalata. No logo da TVG de Commons non atopo o aviso que está sen traducir, ¿refíreste á descrición da imaxe?. Porque o aviso de Dominio Público e o de Marca Rexistrada a min sáenme os dous en galego.
Outra cousa, ¿que outras imaxes cres que deberían poder subirse á Galipedia porque non se podan subir a Commons?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:43, 18 de outubro de 2011 (UTC)