Conversa Wikipedia:Portal da comunidade/Experimental

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxes solicitadas[editar a fonte]

Coido que habería que eliminar as imaxes solicitadas, xa que ninguén lles fai moito caso e ademais pode provocar que alguén suba un escudo sen licenza. Considéroo pouco útil. AlberteSi, digame? 13:21, 11 outubro 2007 (UTC)

  • A verdade é que ten resultado pouco útil, si. E no dos escudos tes moita razón. --Xosé (✉) 13:43, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Tal e como eu o vexo, o Portal da comunidade deberia servir para facilitar o traballo e a intercomunicación entre os editores. Por iso eu reduciria a parte dedicada a Axuda, que xa ten unha ligazón directa no menú da esquerda. Non ten sentido repetir aqui o mesmo que hai ali. Talvez abondaría cun botón relativamente grande que leve a Axuda e eliminar o que hai xa. Aqui deberian-se centralizar todos os proxectos nos que andemos metidos, wikiproxectos, páxinas con problemas, debates, estatísticas, etc. --Xosé (✉) 19:12, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo nisa finalidade, creo que agora os lugares máis visibles ocúpano axudas cando penso que deberían ocupalo A Taberna (con algún ou varios iconos), As Votacións en Curso, os debates abertos (tamén se pode ser con icono), os wikiproxectos, o Xornal... Lansbricae (Ti dirás) 18:51, 14 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo con Xosé e con Lansbricae. Que vos parece incluír as novas que van surxindo na galipedia tal e como fixen no meu portal? Pode verse no portal da comunidade francés. AlberteSi, digame? 18:57, 14 outubro 2007 (UTC)

Semella boa idea. Quizais tamén se podería ver de vinculalo co Xornal para que algún ou algúns de nos traballemos de cando en vez nel, o Xornal podería pasar así a ser unha especie de resumotrmistral das novas e algo máis. Lansbricae (Ti dirás) 19:13, 14 outubro 2007 (UTC)

  • Tentei encadrar a axuda como ben puiden. Incluín o das novas. Respecto ás cores, podédelas trocar (que sexa un dos dous, que sexan estes dous, outros dous ou outro un... que lío). Se o das novas vai adiante hai que mover os templates dende o meu espazo de nomes a Template. Eu concebín o das novas para propoñelo para Wikipedia:Actualidade. Se cadra alí poden ir todos, mentres que no portal da comunidade vaiamos cambiando de mes en mes, variando a posición do noinclude no Template. AlberteSi, digame? 20:56, 14 outubro 2007 (UTC)

Artigos solicitados e para mellorar[editar a fonte]

Nas miñas últimas modificacións que fixen engadínlle aos apartados de artigos solicitados e para mellorar unha nova cabeceira con imaxes (igual ca as outras). Cando se poña o novo portal, hai que modificar as respectivas templates para que non apareca a cabeceira de abaixo. --Toliño (Fala aquí comigo) 18:32, 15 outubro 2007 (UTC)

  • Eliminei os artigos para mellorar polas seguintes razóns: pode chegarse ós bosquexos mediante as ligazóns que incluíu Xosé, ninguén lle facía moito caso e, ademais, o Portal facíase demasiado longo. AlberteSi, digame? 15:00, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Creei "Propostas de colaboración" para substituír o baleiro que deixan os "Artigos para mellorar". O propósito é semellante: solicitar axuda en artigos concretos mais o enfoque distinto: baséase en tarefas e non se listan os artigos individuais, xa que implican normalmente moitos artigos distintos. Cando alguén teña que facer algo tedioso ou que vexa imprescindíbel pode solicitar así a contribución dos demais usuarios. Acéptase? --Xosé (✉) 13:17, 21 outubro 2007 (UTC)

Propostas de Colaboración[editar a fonte]

Hmmm, non me acaba de convencer o de propostas de colaboración. Está ben, mais penso que fai a páxina demasiado longa. Eu deixaría unha ligazón a unha subpáxina e crearía estás propostas nesa subpáxina. AlberteSi, digame? 13:18, 21 outubro 2007 (UTC) Ou tamén situalo noutro sitio. Creo que o de novas da comunidade debería ir a todo ancho. AlberteSi, digame? 13:26, 21 outubro 2007 (UTC)

  • Eu non a deixaría como ligazón, sería pouco visíbel. A min gostaria-me que o Portal da comunidade tivese tantas cousas interesantes que todos o visitásemos todos os días, en vez de simplemente os Cambios recentes. A páxina non me parece longa de máis e, pola contra, parece-me que está moi ben organizada con eses recadros. Se cadra onde se poderia reducir seria en:
  • A benvida (nengun outro Portal da Comunidade a ten tan grande)
  • A fileira Comunidade-Axuda e votacións. Isto débese ao formato de {Votacións}, que é máis alto que ancho. O botón de axuda podería ir arriba de todo, entre o saúda e o do atallo.
  • O Xornal da Galipedia, tamén polo seu formato, máis alto que ancho.
  • As ligazóns a "editar" que hai en varias seccións (parécenme imprescindíbeis porque se non vólvese complicado editar esta páxina). Se se puidesen subir unha fileira aforrábanse varias.
  • As Últimas imaxes enviadas, que só se presenta en fileiras de catro e deixa marxes moi amplas.

--Xosé (✉) 13:52, 21 outubro 2007 (UTC)

  • TRas as últimas edicións xa non queda a páxina dividida en metade e metade, senón que unha parte é máis ancha, a ver se o solucionas Xosé.

Outra cousa, que tal o de Propostas de colaboración antes das últimas páxinas creadas, e a todo ancho de páxina? Así as novas da comunidade tamén ocuparían todo o ancho da páxina. AlberteSi, digame? 14:04, 21 outubro 2007 (UTC)

  • Estiven probando (sen gardar) e as Novas e as Propostas quedan mellor así, par a par, que non unha por riba doutra, que ocupan máis. Non perden visibilidade tampouco. O Xornal e as imaxes recentes quedan moi ben tamén unha á par da outra no fondo da páxina (hainas que colocar nunha táboa nova para que non se desfaga o resto da páxina). --Xosé (✉) 14:05, 21 outubro 2007 (UTC) (Case conflito de edición :-D - agora miro o que dis)

Teño problema coas últimas modificacións de Alberte nos anchos das caixas de embaixo da páxina (nas seccións: "Propostas de colaboración", "Últimas páxinas creadas" e "Últimas imaxes enviadas") a liña que pecha o recadro pola dereita non me aparece. Con respecto ás "últimas imaxes enviadas" ademais diso o cadro non aparece completo (non chega até a dereita da miña pantalla; queda como "cortado"). --Toliño (Fala aquí comigo) 16:50, 22 outubro 2007 (UTC)

  • Non consigo ver o problema das liñas da dereita. O das "últimas imaxes enviadas" creo que te refires ao seguinte: esta é unha "páxina especial" e ten unha anchura predefinida, non se pode facer que ocupe toda a anchura da páxina.--Xosé (✉) 16:03, 24 outubro 2007 (UTC)
  • O dos anchos xa o arranxei eu. Para arranxar o outro, se é como ti dis, penso que habería que engadir outra columna con algunha outra cousa para que non quede así. --Toliño Fala aquí comigo 16:56, 24 outubro 2007 (UTC)

Tratamento ó lector[editar a fonte]

Xa o comentei algunha vez pero non lembro ben se houbo algún acordo. Neste Portal dirixímonos ó lector de ti, cando o habitual é facelo de vostede. Sería bo que nos puxeramos de acordo na conveniencia de facelo dunha forma ou doutra. Pedro --Lameiro (conversa) 17:17, 22 outubro 2007 (UTC)

  • Creo que non houbo acordo. Eu apostaría por tratalo de ti. AlberteSi, digame? 21:31, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Eu tamén, desde logo, pero por aquilo da coherencia esixiría revisar tódalas mensaxes, páxinas de axudas, políticas, etc., etc. dirixidas ó lector. Pedro --Lameiro (conversa) 21:57, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Penso que o habitual é tratar de vostede nas páxinas propiamente da Galipedia e atuarnos cando "nos coñecemos", como no Portal da comunidade e nas páxinas de usuario. --Xosé (✉) 22:01, 22 outubro 2007 (UTC)
    • Habitual, creo que si o é, pero paréceme máis aberto, participativo, simpático tratar de tí ó persoal. E para nada resulta irrespectuoso. Pedro --Lameiro (conversa) 22:05, 22 outubro 2007 (UTC)

Recolocación[editar a fonte]

Fixen varias modificacións:

  • Coloquei a Axuda arriba de todo á dereita por duas razóns: é máis visíbel desde o principio e o imagemap dá problemas (non se podia clicar nalgunhas ligazóns das votacións).
  • Como a táboa "Benvido" era moi alta asi, coloquei dentro desta o saúdo co número de artigos.
  • Mudeille o nome á sección "Axuda e votacións" para "Decisión". {Votacións} non pegaba aí, nen polas cores nen polo tamaño, polo que copiei o texto e púxen-no, ademais de engadir os temas a debate.

Penso que así a parte superior pode quedar máis limpiña (non sei as cores da táboa "A Galipedia, a Wikipedia en galego...". --Xosé (✉) 17:09, 24 outubro 2007 (UTC)

Boa noite; Sería posible fusionar esta páxina de conversa con Conversa Wikipedia:Portal da comunidade? --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:02, 3 xaneiro 2009 (UTC)