Conversa Wikipedia:Participación activa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quedada informática en Ares[editar a fonte]

http://cemit.xunta.es/centrosEl Concello de Ares organiza una quedada informática de 16 horas que comenzará el día 28 Veño de mandarlles un correo electrónico explicándolles a posibilidade de dar unha charla de edición en wikipedia. A ver se lles parece interesante. --Nemigo 20 de decembro de 2012 ás 20:50 (UTC)[responder]

Moi ben, xa nos contarás como vai a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de decembro de 2012 ás 22:17 (UTC)[responder]

Polo que me dixeron xa teñen o programa pechado. É unha actividade de intercambio de experiencias e material entre os que alí participan (xente nova). Por toda Galiza hai aulas de formación xa equipadas -> http://cemit.xunta.es/centros Son 98 centros de cemit en total. Estaría ben facer algo global con todas elas. Unha oferta de formación conxunta pero segundo me dixeron depende de cada centro as actividades que organizan. O convenio polo que se rixe o persoal que xestiona estos centros debera ser renovado a principios de ano, aínda non foi. As aulas están dispoñibles e equipadas. --Nemigo 7 de xaneiro de 2013 ás 15:39 (UTC)[responder]

Si, os telecentros son un sitio moi axeitado para esta actividade, nos concellos que o teñen claro. Eu contactara co de Coruña cando fixemos o tinglado do décimo aniversario da wikipedia en inglés e non me pediron moitos requisitos para o uso, xa que a entrada ía ser de balde e aberta a todo o público. Tes razón que cada centro é independente e cada un ten o seu calendario pero en todo o mes malo será que non haxa ningún día no que esté libre. Nos concellos que teñen este tipo de salas, o local para estas presentacións está case asegurado, o que habería que conseguir nese caso sería o apoio do concello para a difusión da actividade entre os veciños, anunciándoa con tempo e animando á xente a participar nela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2013 ás 09:46 (UTC)[responder]
Estiven a falar ca muller que leva o centro do cemit en Narón (en Xuvia) e non poñen problema para a súa cesión en calquera data que estea dispoñible. Hai que concretar data, asistentes e quen dará a formación. --Nemigo 8 de xaneiro de 2013 ás 14:05 (UTC)[responder]
Xenial, eu teño que mirar as datas que teño libres e logo tamén contactarei coa sala de Abegondo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2013 ás 22:44 (UTC)[responder]

Boa idea o de poder solicitar obradoiros os que estean interesados nesta páxina. ¿Algún voluntario/a preto da Pobra do Caramiñal e voluntario/a para Narón?. Necesitamos xuntar uns cuantos obradoiros para comezar a promoción que pódese facer dende a propia galipedia dende http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Difusión_nos_medios --Nemigo 9 de xaneiro de 2013 ás 12:24 (UTC)[responder]

Proposta de comunicación cos concellos[editar a fonte]

Acabo de poñer un posible correo para enviar ós concellos para solicitar a súa colaboración para organizar un obradoiro, se vedes algo para mellorar podedes facelo directamente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 01:29 (UTC)[responder]

Borrado participante[editar a fonte]

Ola, compañeiros. Lamentándoo moito, teño que borrarme da lista de voluntarios. Teño aínda menos tempo do que pensaba e éme imposible asumir a responsabilidade de organizar nada. Agardo que este contratempo non cause maiores trastornos. Un saúdo a todos! --Paradanta (Cóntame) 4 de febreiro de 2013 ás 09:36 (UTC)[responder]

Boeno, o que conta é a intención :), espero que haxa outras ocasións de facer este tipo de actividades. Saùdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 13:13 (UTC)[responder]
Tanto o apuntamento como o desapuntamento son voluntarios e polo tanto agradécese de tódolos xeitos o xesto. Saúdos --Nemigo 4 de febreiro de 2013 ás 21:13 (UTC)[responder]

Vídeo explicativo do uso de Commons[editar a fonte]

Boas, atopei un vídeo da Fundación explicando como subir imaxes a Commons que dura só 3 minutos e deixa todo ben claro. A pena é que está en inglés, pero fixen os subtítulos en galego que se poden mostrar se copiades o vídeo e o ficheiro dos subtítulos nunha carpeta do voso ordenador e logo dicíndolle ó programa reprodutor que use eses subtítulos. Realmente creo que paga a pena usar este vídeo xa que en moi pouco tempo se explica o funcionamento deste servicio, e penso que é moi importante recalcar nas charlas a necesidade de imaxes de moitos lugares de Galicia. Moita xente atopará difícil ou traballoso editar artigos pero outra xente pode interesarse por fotografar a súa xeografía cercana, non é tanto traballo darlle ó botón dunha cámara ou incluso un móvil, e isto tamén é unha achega moi importante para a Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2013 ás 09:32 (UTC)[responder]

Por certo, a ligazón está no apartado de proposta de esquema para os obradoiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 02:53 (UTC)[responder]

Imaxes do obradoiro feito en Ribadeo[editar a fonte]

Traio para aquí unhas imaxes que deixou Agremón na páxina de conversa das novas da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 02:53 (UTC)[responder]

O Taller da Galipedia en Ribadeo, 20130315
Anuncio da actividade -taller da Galipedia en Ribadeo, 20130315
Moitas grazas Agremon. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2013 ás 01:31 (UTC)[responder]

Correos enviados[editar a fonte]

Acabo de mandar correos a diferentes concellos para propoñerlles facer un obradoiro neles, mandeilles ós concellos de Ourense, Culleredo, A Coruña, Cambre, Abegondo, Oleiros, Arteixo, Carral, Cerceda e A Laracha. Agora a esperar e ver que sae de todo isto ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2013 ás 01:31 (UTC)[responder]