Conversa Wikipedia:Páxina Experimental

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plantilla inicial ou Base[editar a fonte]

  • Que vos parece se empezamos a traballar na futura portada baseándonos na portada portuguesa? --Gallaecio 16:13, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Deberíase traer directamente a de Alberte e traballar a partir dela, creo que a maioría está dacordo niso --Banjo tell me 18:21, 26 setembro 2007 (UTC)
    • Feito. Para os retoques, penso que podemos face-lo directamente, para cambios maiores, mellor propoñe-lo primeiro aqui. --Xosé (✉) 22:39, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Fago a primeira proposta: Propoño que o artigo destacado sobre Galicia vaia en primeiro lugar como actualmente. Alma 22:41, 26 setembro 2007 (UTC) E poñerlle o icono que suxerira Banjo na taberna .
  • Certo, hai que cambiar as posicións. Respecto á icona non sei, de poñermos unha bandeira prefiro a civil, sen escudo, porque ó ir tan pequeniña o escudo queda aí mal. Outra cousa, hai que ver se o de Artigos para facer e artigos para mellorar ten cabida na portada. AlberteSi, digame? 12:13, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo no de poñer a bandeira sen escudo, quedaría mellor. E o de artigos para mellorar persoalmente non o poñería na portada, creo que quedaría moito millor sen eles. Vistoo ben dame igual si están ou non os artigos pendentes, pero no caso de aparecer creo que estarían millor debaixo da sección das categorías --Banjo tell me 16:56, 27 setembro 2007 (UTC)
  • A caixa de procura ocupa demasiado espazo, ademais de xa existir á esquerda. A ligazón ao Wikipedia:Portal da comunidade tamén está repetida. --Xosé (✉) 18:09, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Certo, haberá que eliminar pois a caixa de procura. E unha das ligazóns ó portal da comunidade. AlberteSi, digame? 18:13, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo tamén en bandeira sen escudos e no de non poñer o dos artigos. O punto de partida dos deseños existentes ata o de agora é: Portada dirixida aos lectores e Portal da comunidade dirixida aos editores e a non duplicar contidos dunha noutra. Lansbricae (Ti dirás) 19:33, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo Xa puxera abaixo que concordaba con todo o dito, como se separaron os temas, matizo os concordos. Alma 19:41, 27 setembro 2007 (UTC)

Imaxe da semana e efemérides[editar a fonte]

  • Penso que habería que poñer máis centrada a imaxe da semana dentro da súa columna e non cambiarlle a fonte da letra e deixala tal e como aparece agora na portada (non sei se me expresei ben). Outra cousa que se pode cambiar é o que pon antes das efemérides (Tal día coma hoxe...) e cambialo por: Tal día como hoxe no ano... --Toliño (Fala aquí comigo) 18:31, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo nas dúas puntualizacións Lansbricae (Ti dirás) 19:33, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo eu incluso poría a fonte de letra un pouco máis grande, vese pequena, e no das efemérides concordo completamente. Alma 19:41, 27 setembro 2007 (UTC)
  • O das efemérides xa o fixen. O de centrar a imaxe da semana na súa columna non o entendo, porque xa está centrada (polo menos eu o vexo así no meu navegador). respecto ó da fonte tampouco sei a que te refires (se é a letra que vai de explicación á imaxe ten que mudarse no template da imaxe da semana). AlberteSi, digame? 13:21, 28 setembro 2007 (UTC)
  • No meu navegador tamén estaba á esquerda. Centrei a imaxe desta semana e xa se centra automaticamente. Xa modifiquei as imaxes que están aprobadas e o marcador no que se colocan para que as próximas tamén o estexan. --Xosé (✉) 14:15, 28 setembro 2007 (UTC)
  • O que quero dicir con non cambiarlle a letra á imaxe da semana é porque se ve máis pequena e é diferenta á que te atopas cando vas á páxina Wikipedia:Imaxe da Semana (creo que sigo sen explicarme ben...) De todas formas creo que sei como facelo, se me deixades probar. Outra cousa que quería comentar é que penso que sería bo poñer un pouco máis de espazo entre o final da mensaxe de benvida e a parte superior da caixa onde aparece enriba o artigo sobre Galicia e a Imaxe da Semana (dicídeme se non entendestes algo do que puxen). --Toliño (Fala aquí comigo) 17:58, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Alto e claro entendinche ;) Podes facer eses cambios que dis. Son simplemente pequenas correccións que se poden facer directamente. Como dixo Xosé: Para os retoques, penso que podemos face-lo directamente, para cambios maiores, mellor propoñe-lo primeiro aqui. AlberteSi, digame? 18:02, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Vai haber que modificar a imaxe da semana para que non apareza repetido o título Imaxe da Semana. Iso é doado; vou-no facer no template e nas imaxes a partir da semana 49. De feito, será mellor deixar o paso á nova portada para o día 3, que é domingo, e facelo o domingo 2 á noite. Asi, na semana anterior sigue a Imaxe da Semana como está agora e o dia 3, coa nova portada, xa non ten ese segundo título.--Xosé (✉) 21:07, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Outra cousa: a moldura que rodea a Imaxe da Semana non cadra ben co resto da portada. Talvez haberia que eliminala ou pór un fondo homoxéneo co resto. --Xosé (✉) 21:07, 29 setembro 2007 (UTC)
    • Concordo Quitando a de dentro penso que quedaría mellor. Alma 10:26, 30 setembro 2007 (UTC)

Outros proxectos[editar a fonte]

  • Outra proposta: Resaltar os outros wikis en galego na parte superior dereita, como se ve aqui á dereita:
Consulte tamén
Wiktionary
Galizionario
Dicionario
Wikibooks
Galilibros
Libros
Wikisource
Wikisource
Documentos
Wikiquote
Galicitas
Citas

E eliminá-los, polo tanto, da parte inferior, na que figurarian os "Outros proxectos de Wikimedia". --Xosé (✉) 19:11, 27 setembro 2007 (UTC)

Concordo Alma 19:30, 27 setembro 2007 (UTC) Concordo resaltarían máis creo que unha cousa boa desta portada e que tende cara a horizontalidade fronte o estilo máis vertical (periodístico) da actual, e creo que ese é un dos potenciais a aproveitar. Lansbricae (Ti dirás) 19:35, 27 setembro 2007 (UTC)

  • Neutro Persoalmente gústanme como están agora, tódos xuntos abaixo, pero todo sería cuestión de ver como queda así --Banjo tell me 20:13, 27 setembro 2007 (UTC)

Concordo, e propoño que se sitúe entre a imaxe da semana e as categorías. --Gallaecio 18:54, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Estou dacordo con todo o dito, pero a maiores creo que a cor que ten a etiqueta do artigo de Galicia non lle pega nada coa etiqueta, creo que habería que cambiala por outra que lle pegara máis, eu miraría de probar a cambialas cores do de Galicia e do destacado, a ver se quedan mellor. Alma 19:19, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo de novo, incluso algo máis clariño para o meu gusto mellor. Lansbricae (Ti dirás) 19:36, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo tamén, o azul para o de Galicia e o verde para o outro. --Banjo tell me 20:12, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo no troco de cores. Mais no de máis clariño non, porque ten que coincidir coa cor da imaxe da "estrela da morte wikipédica". AlberteSi, digame? 20:16, 27 setembro 2007 (UTC)

Logo da wikipedia[editar a fonte]

  • Percateime de que cada sección posúe na caixa do título, o logo da wikipedia na cor en que vaia, por exemplo: o artigo sobre Galicia vai en cor azul, o destacado en verde, pero ao chegar ás efemérides non aparece ningún á dereita. Alguén sabe como facer para poñelo? --Toliño (Fala aquí comigo) 12:18, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Eu sabía, xa o fixen para que quedara igual que os demais. Que vista, non me decatara, ;) Alma 12:37, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Non cadra a cor (verde e marrón). Por iso eu non o fixera. AlberteSi, digame? 12:42, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Green 3 é o máis parecido. Non atopo outro máis parecido, co blanco ou co rosa canta máis aínda Alma 12:51, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Quizais cando se elimine algún apartado (como o de artigos para facer) poidamos utilizar esa cor para utilizalo nas efemérides. AlberteSi, digame? 13:11, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Ou elexir de entre esas cores a cor das efemérides que xa se decidiu que é un apartado fixo da próxima portada, e cambialo xa, non? Alma 13:27, 29 setembro 2007 (UTC)
      • Probei os dous e queda mellor o de artigos para mellorar (o outro amarelo esvaído), se poñemos o outro azul parecemos unha bandeira (azul-verde-azul). Probade e opinade. Alma 13:40, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Fixen mudanzas nas cores, cambi

Orde das cores[editar a fonte]

Cambiei a cor das efemérides e agora púxenas en violeta, dicide que vos parece. Logo se podería probar para ver se hai algunha combinación de cores que quede mellor ca a actual. --Toliño (Fala aquí comigo) 15:35, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo co violeta, dálles vida. Alma 15:48, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Si, quedou moi ben. AlberteSi, digame? 17:50, 29 setembro 2007 (UTC)

Xornal e gifs animados[editar a fonte]

En canto a o de artigos para facer e artigos para mellorar, a min non me gusta na portada, eu incluiría o Xornal, e unha especie de enlace as imaxes pasadas. Non sei se pode ser moi complicado, pero penso que sería moi vistoso, xa que o aspecto visual é moi importante e nos diferenciaría doutras wikis que non o teñen, ou todavía mellor, teño visto en artigos como o de Santiago, non sei como explicalo (non é o meu) fotos en movemento (gif), pois facer iso coas fotos que xa saíron na portada, é unha maneira de achegar Galicia, ou o noso traballo. Sería posible? Alma 19:19, 27 setembro 2007 (UTC)

  • O problema que ten o Xornal (eu xa o pensara hai tempo) é que leva moito tempo facé-lo. Neste ano só saiu un número e non penso que, ao ritmo que levamos, poidamos sacar moitos (a parte de que quen o confeccionaba fundamentalmente era Prevert), polo que as noticias estarian resesas. O dos gif animados é moi doado, ainda que eu faria pasar as imaxes máis lentas que no artigo Santiago de Compostela. --Xosé (✉) 19:30, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Si, por suposto que xa pensaba que si se podía facer tiñan que ir máis lentas, senón non se ía poder fixar nelas ninguén. Mágoa o do Xornal, no canto podíamos poñer unha relación dos novos usuarios ou algo así. Ou noticias da Galipedia. Vin apartados moi interesantes no Xornal que penso que entre varios poderíamos sacalos adiante para levalos á Portada. Alma 19:36, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo No dos gifs que me parece boa idea. O do xornal eu entendo que é o seu lugar o Portal da comunidade xa que recolle novas dirixidas aos editores e non tanto aos lectores. no canto do xornal ben é certo pero poderíase falar de facer un hoco na taberna para traballos comunitarios e ver quen quere colaborar na súa confección para que tivese unha periodicidade trimestral ou semestral. a mín gústame a idea de que exista ese xornal con certas garantías. Quizais un xeito mellor sea crear un wikiproxecto pero eu inclinariame por crear ese Traballos comunitarios cun espacio para o Xornal, en cuxa edición poda colaborar quen queira. Creo que todo o que é facilitar unificando a ubicación das propostas e traballos en curso fortalecería a participación dunha comunidade dunha wiki pequena como a nosa. Pero esto xa sería unha proposta que de interesar a alguén máis se trataría aparte.
  • Persoalmente non me gustan os gifs, e menos na portada. En canto ao xornal tamén opino que o mellor lugar para incluílo é o portal da comunidade, non lle vexo sitio na portada, ademáis de que non se fai bastante a miúdo, cada día nótase máis a ausencia :( --Banjo tell me 20:11, 27 setembro 2007 (UTC)

A Axuda á que se pode acceder na actualidade a través do seu enlace na caixa de navegación na parte superior esquerda creo que merece un resalte. Eu resaltaría a súa presencia xa que é unha páxina que ten un grandísimo potencial en gran parte grazas ao traballo nestes últimos tempos de Xosé, e aglutina moita información moi útil que podería ser máis útil con ese salvavidas ou similar nalgún sitio da cabeceira. Lansbricae (Ti dirás) 19:45, 27 setembro 2007 (UTC)

  • No caso de resaltar a axuda, a mellor opción que se me ocorre é engadir a ligazón na parte superior dereita, donde aparecen os COMOs e as FAQs. --Banjo tell me 20:07, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Gústame o sitio e se pode ser cun icono ben representativo mellor. Lansbricae (Ti dirás) 20:10, 27 setembro 2007 (UTC)

Introdución[editar a fonte]

  • Na introdución, a frase "Benvido(a) á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia." debería estar nunha mesma liña e cos mesmos caracteres grandes. E a frase que vai arriba: "Na Galipedia, a wikipedia en galego", sóbrame.
  • Toda a introdución, desde "Este é un proxecto internacional ..." ata o número de artigos, máis destacado (negra, maior tamaño, non sei). E preferiblemente sen enlaces (non me parece lugar para enlazar coas páxinas da Galipedia).
  • As seccións artigos para facer e para mellorar, se se manteñen, que non vexo por que non, xuntos e abaixo, e refiridos unicamente a artigos da realidade galega, que son os que máis nos debería interesar ter e mellorar.
  • En conxunto, esta páxina é unha presentación dignísima da nosa galipedia. O Alberte fíxonos un espléndido traballo. Non o vaiamos escarallar agora con cambios innecesarios.
  • PD: ¿non sería bo dividir esta discusión en seccións para cada parte da páxina, de xeito que as intervencións se refiran a cada unha delas e non este batiburrillo que estamos montando? Pedro --Lameiro 19:56, 27 setembro 2007 (UTC)


A desbarrar toca:

  • A frase "Na Galipedia, a wikipedia en galego" é común a tódalas páxinas da wiki, non só da portada, personalmente creo que está ben posta, cuestión de gustos :).
  • Os enlaces na introducción creo que deberían ficar, máis que nada porque son tres e (creo) bastante importantes xa que definen a esta wikipedia: lingua galega, wikipedia e enciclopedia.
  • En contra do que dixen anteriormente (logo o cambio), se se manteñen coincido no de que se poñan abaixo (concretamente baixo a parte das categorías), que se promova ou non os artigos sobre galicia xa sería unha cousa máis do día a día que da propia portada.

--Banjo tell me 20:05, 27 setembro 2007 (UTC)

    • Certo Lameiro, concordo no que dis. Respecto ás imaxes .gif a verdade é que non remata por convencerme. O dos traballos comunitarios non sei ben en que consiste, pero xa de entrada habería que mudarlle o nome (traballos comunitarios soa a conmutación de pena de cárcere ;)). Ah, e a mudanza que propón Xosé de integrar máis na portada os proxectos irmáns, estou de acordo, mais gustaríame que seguise nesa caixiña azul de bordes redondeados, que tanto me custou redondear. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:09, 27 setembro 2007 (UTC)

Sigo sen saber de que falas pero abandono toda colaboración nesta portada para evitar confrontamentos irónicos coa túa persoa. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:14, 27 setembro 2007 (UTC)

Pequenos cambios[editar a fonte]

Fixen un pequeno cambio, puxen ós enlaces ás axudas e ós COMO's embaixo da introdución. Gústavos así ou deixoo como estaba?

Outra cousa, as caixas de wikipedia noutras linguas e dos demáis proxectos teñen bordes redondeados, porén, a caixa que contén os artigos destacados e as efemñerides, e a caixa que contén a imaxe da semana e o índice de caegorías teñen bordes cadrados, e as liñas máis finas. A ver se alguén pode homoxeneizalo.

E unha última couda, a introdución a mín semellame como que lle falta algo, sen ningúnha caixa nin nada. Non sei que se lle podería facer, a ver se tamén se vos ocorre algo. Un saúdiño a todos, e bo traballo.--FryantTralarí Tralará 23:46, 28 outubro 2007 (UTC)

Texto inicial[editar a fonte]

  • Persoalmente creo que a introducción debería ser máis semellante ás das Wikipedias portuguesa e castelá. Sobre todo no tocante ao texto, que na miña opinión debería limitarse a un "Benvido á Galipedia, a enciclopedia de contido libre que todos poden editar". --Gallaecio 15:37, 22 novembro 2007 (UTC)
  • A min me gusta, é unha boa declaración de principios. Ademais é o unico recuncho que lle deixamos á tradición da Galipedia nesta nova Portada. AlberteSi, digame? 21:30, 22 novembro 2007 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

A caixa das categorías debería estar por encima da dos artigos pendentes, xusto debaixo da imaxe destacada. Ademáis quizáis debería ter unha cabeceira ao igual que o resto das seccións. --Banjo tell me 20:16, 27 setembro 2007 (UTC)

  • Vale Banjo, concordo. Pódelo facer ti? Intenteino máis non fun capaz de que me quedara ben. AlberteSi, digame? 13:23, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Pasoume o mesmo meu, non fun capaz de poñelo ao xeito :(. Vai ter que quedar así (que tampouco está nada mal) --Banjo tell me 18:38, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Feito (non o de lle pór cabeceira). --Xosé (✉) 19:34, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Alberte, eres un "crack", gran traballo coa cabeceira :D --Banjo tell me 18:24, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Grazas! :) Acabo de decatarme que os da wiki española tamén mudaron a súa portada cun estilo bastante semellante a este. Se cadra hai algo que nos poida interesar do que eles mudaron. AlberteSi, digame? 18:29, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Certo, tamén fixeron o cambio fai case nada. Haberá que roubar ideas logo :D --Banjo tell me 18:31, 4 outubro 2007 (UTC)

Outra posibilidade (dende a wiki castelá)[editar a fonte]

Matemáticas e Ciencias naturais:

AstronomíaBioloxíaBotánicaCiencias naturaisFísicaMatemáticasMeteoroloxíaOceanografíaQuímicaXeoloxíaZooloxía

Arte e Cultura:

ArteCineCulturaDeporteGastronomíaLiteraturaMúsicaMitoloxíaTeatro

Filosofía e Ciencias sociais:

ArqueoloxíaEconomíaFilosofíaHistoriaLingüísticaPolíticaPsicoloxíaDereitoSocioloxíaXeografía (Galicia)

Ciencia e Tecnoloxía:

AgriculturaArquitecturaEnxeñaríaEstatísticaInformáticaMedicinaTelecomunicaciónsTransporte

Todas as categorías · Categorías sen comprobar
  • É-me igual unha que a outra, pero se a actual provoca os problemas eses en IExplorer haberá que utilizar esta. Duas cousas, porén: substituir as imaxes .png polas .svg e retirar o de Categorías sen comprobar (é máis do Portal da comunidade que da Portada da Galipedia). --Xosé (✉) 15:39, 22 outubro 2007 (UTC)
  • OK, por min de acordo. É unha mágoa, a min me gustaba máis do outro xeito mais... se o explorer vai mal non podemos discriminar ó preto de 50% de usuarios que empregan ese navegador. AlberteSi, digame? 15:47, 22 outubro 2007 (UTC)

Caixa de procura[editar a fonte]

Eliminación si ou non? Xosé semella querer quitala. Eu estou neutro. AlberteSi, digame? 20:25, 27 setembro 2007 (UTC)

Eu concordo con eliminala, é unha duplicidade. Alma 20:27, 27 setembro 2007 (UTC)

  • Ben, sendo dous os que opinades o mesmo, e tendo en conta a duplicidade, procedo a eliminala. AlberteSi, digame? 20:29, 27 setembro 2007 (UTC)
  • se este é o criterio no das efemérides que só é incluir unha matización na que estamos dacordo tres persoas, penso que se pode facer, non? Alma 20:33, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Si. Xa o fixen eu. De todos xeitos se logo alguén non está de cordo pode volverse a mudar, por iso esto é a páxina experimental. AlberteSi, digame? 20:39, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Por iso, porque é unha páxina experimental, ti mesmo o dis, eu persoalmente non lle vexo o problema a experimentar co dos gifs e ver como quedan, se nos gusta pois ben e se non pois tamén, pero rexeitar algo a priori sen probalo non semella moi práctico, e non mo tomes a mal, ;) Un saúdo. Alma 20:44, 27 setembro 2007 (UTC)

Curiosidades[editar a fonte]

Xa que parece que non estades moi de acordo coas seccións Artigos para mellorar e Artigos para facer, propoño que algunha se poida substituír por unha sección de Curiosidades. Nela podería haber un pouco de todo: por exemplo, datos curiosos que poden enlazar a algún artigo no que se atope a resposta. Habería que ir actualizándoas cada certo tempo e, claro está, ten que haber alguén (1 ou varios) que estea(n) disposto(s) a elo. --Toliño (Fala aquí comigo) 18:15, 28 setembro 2007 (UTC)

  • A min persoalmente gustaríame que na zona onde actualmente está Artigos para mellorar, vaia unha caixa con lapelas (ó estilo da catalá), onde podería reunirse artigos para mellorar, artigos para facer e a de curiosidades que comenras. O malo é que é un pouco complicado levar iso a porto. Eu en principio estou de acordo no de curiosidades. AlberteSi, digame? 18:22, 28 setembro 2007 (UTC)
    • Eu creo que o das lapelas estaría moi ben--Hugo22 18:24, 28 setembro 2007 (UTC).
  • Vou intentar facer iso das lapelas a partir do que hai na wiki catalá. --Toliño (Fala aquí comigo) 18:32, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Alberte, intenta copiar ao final do .js o que hai nesta páxina [1] e para o .css estoutro [2]. A ver se funciona despois das probas que vou facer. Pero hai que copialo en MediaWiki:Common.js e MediaWiki:Common.css, polo menos eso creo. --Toliño (Fala aquí comigo) 18:51, 28 setembro 2007 (UTC)
    • Uff, eu son un pouco negado para iso, e teño medo a cagala. Non poderías facelo ti? Ou senón creo que Xosé entende destas cousas de Mediawiki. A ver se entre todos o logramos. AlberteSi, digame? 19:07, 28 setembro 2007 (UTC)
      • Síntoo, non podo editar esas páxinas, aparéceme o de "ver código fonte". De todas formas eu vouno deixar por hoxe, que estou canso, xa veremos mañá. --Toliño (Fala aquí comigo) 19:22, 28 setembro 2007 (UTC)
    • É complicado. Pero se o fixeron os cataláns, nós podemo-lo facer mellor (:-x) . De todas os xeitos, eu case que o deixaba para outra porque se non a portada pode quedar moi sobrecargada e resultar complicada de traballar (o último paso teria que ser limpeza de código, porque hai código que sobra, espazos en branco, etc. Tamén se poderia "documentar" máis o seu funcionamento. Alberte fíxoo moi, moi ben). Mellor facemos esta ben e logo imos probando o das lapelas, por exemplo nos portais, cando os creemos, que son menos visíbeis. O de que Toliño só poida ver o código é porque as modificacións nesas páxinas afectan a todo o wiki e sen probalo antes non sabemos como pode resultar. --Xosé (✉) 19:42, 28 setembro 2007 (UTC)
      • Para alixeirar pódese facer o índice como template, e así aforrar un pouco de peso. AlberteSi, digame? 19:53, 28 setembro 2007 (UTC)
    • Estiven mirando, e as instruccións para facer o das lapelas vén aquí, (apartados 4 e 5). --Toliño (Fala aquí comigo) 14:16, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Persoalmente teño que dicir que o das lapelas non me gusta moito, ou polo menos non me gusta cómo abusan del na portada catalá, xa que unha portada cunha certa extensión, e ben organizada e decorada, da moita mellor impresión. Se o de deixar os artigos para mellorar e para facer na portada (e non no portal da comunidade) se decide como definitivo, opino que si que era boa idea facelo con eses dous apartados (artigos para mellorar e artigos para facer), pero no que respecta ás curiosidades o poría debaixo das Efemérides (non sei se se di así), como fan outras Wikipedias (e non porque o fagan elas). --Gallaecio 18:53, 2 outubro 2007 (UTC)

Wikipedia noutras linguas[editar a fonte]

  • Que vos parece pór todas as linguas co mesmo tamaño e retirar a negrita coa que están (a páxina pode resultar moi cargante visualmente). --Xosé (✉) 09:54, 30 setembro 2007 (UTC)

Concordo Alma 10:23, 30 setembro 2007 (UTC)

  • Para probar creei unha subpáxina, Wikipedia:Páxina Experimental/Wikipedialinguas onde podemos facer probas. Cando esta páxina pase a ser a portada haise que lembrar de mover esta subpáxina para Template:Wikipedialinguas e arranxar a ligazón cara ela. Ao ver o código vexo que hai varias <div> cuxo único contido é un ID. Alguén sabe se valen para algo ou para que están aí? Se non haberia que borralos. --Xosé (✉) 19:08, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Substituín a icona do globo por unha versión nova. As primeiras iconas (jpg) parecer ser que deixaban un recadro en branco como fondo e tapaban as liñas das columnas nalgúns navegadores (ver). As segundas (png) perdian o efecto de estaren por detrás da caixa translúcida na que están as categorias (ver). Se esta queda ben e gusta fago o resto. --Xosé (✉) 14:35, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo co cambio. Aínda que no meu navegador non vexo que as imaxes estean trala caixa das categrías, penso que igualmente quedan ben, adiante con esta idea, Xosé. --Toliño (Fala aquí comigo) 17:12, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Eu sí que vexo a metade por detrás da caixa e quedan moi ben. Alma 17:45, 1 outubro 2007 (UTC)
  • As imaxes que estaban dende o principio estaban mellor que a nova que puxo Xosé, xa que a de Xosé deixa na parte azul un cachiño branco, que non se nota moito pero se nota. Creo que esas imaxes tiñan que volver a unha anterior revisión (revertir á anterior á de Toliño). AlberteSi, digame? 18:02, 1 outubro 2007 (UTC)

Así é como o ve Xosé

  • Así é como o vexo no meu ordenador, eu non vexo manchas por nengún lado:
Orixinal de Alberte Modificado por Toliño Proposto por Xosé (a icona de Filosofía)
Aqui a caixa é "translúcida" e as iconas é como se estivesen por detrás dela, de maneira que a parte esquerda vese claramente e a dereita é como se estivese por diante dun cristal translúcido. ver no teu navegador Aquí as iconas están por diante da caixa.ver no teu navegador Aquí a icona do medio fai o efecto "translúcido", pero en vez de ser unha imaxe jpg, é svg. As outras dúas son igual que a anterior, están "por diante" da caixa (haberia que facelas ainda, claro). ver no teu navegador

As preguntas son dúas: 1) prefírese o efecto "translúcido" ou "por diante"? 2) Dan problemas nos vosos navegadores? É importante que se vexa ben en todos (se dan problemas, especificade o navegador e o sistema operativo) --Xosé (✉) 19:16, 1 outubro 2007 (UTC)

Así é como o ve Toliño

  • Vendo as imaxes que cargou Xosé, teño que dicir que eu non vexo a páxina exactamente igual. Abaixo está a forma na que eu vexo a futura Portada:
Así é o que dicía eu: as imaxes non se amosan trala caixa, senón que están na metade da mesma (entre as dúas columnas) e pódese ver claramente como a imaxe que está ao carón de "Matemáticas" tapa cunha marca branca a columna da esquerda (e ademais a liña de separación tamén). --Toliño (Fala aquí comigo) 15:48, 2 outubro 2007 (UTC)
  • Uff, a verdad é que o ves bastante diferente, mesmo onde van os títulos que debería ir redondeado ti o miras cadrado. A verdade é que non sei como arranxar iso. Eu o miro perfecto coa primeira foto que puxo Xosé, a que pon orixinal Alberte. AlberteSi, digame? 15:52, 2 outubro 2007 (UTC)
    • Pois agora mesmo probando con outros navegadores (eu uso Firefox) o resultado é: con Internet explorer o miro tal e como o mira Toliño. Mesmo a estrela que vai onde Artigo destacado deixa un cadrado branco. A verdade é que a quen emprega Internet explorer tan só lle podo dicir que mude de explorador, xa que ese paréceme bastante malo. Con Opera miro os bordes cadrados máis o índice vese ben, e as imaxes como a estrela non deixa cadrado branco. Se alguén usa Camino, Konqueror, Safari, etcétera que diga como o mira el. AlberteSi, digame? 15:59, 2 outubro 2007 (UTC)
      • Konqueror e Galeon: Vese exactamente igual que con Firefox, ou sexa, nos dous navegadores vense as imaxes igual que como as que coloquei. Que versión do Internet Explorer tes? --Xosé (✉) 20:05, 2 outubro 2007 (UTC)
        • A versión 6.0. Non necesito outra porque case non o uso... para qué tendo o Firefox. AlberteSi, digame? 20:08, 2 outubro 2007 (UTC)
          • A miña pregunta é para Toliño, que é o que ten problemas. O de que non se vexan os bordos redondeados é outro - é un dos cambios principais da nova portada! Porén, penso que se fan cunha extensión de CSS especial de Mozilla (-moz-border-radius)... --Xosé (✉) 20:13, 2 outubro 2007 (UTC)
            • Confirmo que se ve mal con Internet Explorer versións 6 e 7 en Windows e con ie4linux (emulador do Internet Explorer para Linux). Porén, a páxina principal da wikipedia en Italiano vese ben nestes navegadores. Cómpre averiguar por que. --Xosé (✉) 13:12, 4 outubro 2007 (UTC)
  • O ideal sería que en todos os navegadores se vise como a primeira foto de Xosé, non obstante eu non vexo a marca branca que di Alberte que deixa a estrela do artigo destacado. En canto ao das mudanzas que fixera, despois delas, eu vía o mesmo que se ve na fotografía do medio de Xosé pero coas imaxes desprazadas cara a esquerda (na mesma posición ca na miña foto). --Toliño (Fala aquí comigo) 16:16, 2 outubro 2007 (UTC)
  • O curioso é que acabo de visitar a portada da wikipedia italiá (de onde saquei a forma do índice) co Internet explorer, e se mira ben. Non sei, pero eu copieino de aí, as´´i que non sei que está mal. Alguén que entenda destas cousas, a ver se é capaz de solucionalo. AlberteSi, digame? 16:50, 2 outubro 2007 (UTC)
  • Acabo de instalarme mesmo o Safari para Windows e miro ben o índice. Só se mira mal para o Internet Explorer. Como di Xosé, cómpre averiguar por qué, e solucionalo. Senón haberá que mudalo. AlberteSi, digame? 16:42, 9 outubro 2007 (UTC)

Día das Letras Galegas[editar a fonte]

Creo que unha vez vin a táboa que fala do Día das Letras Galegas (xunto con enlaces de interese gaelgo) na parte superior, baxo o texto de benvida. Na miña opinión así estaba mellor, pero o que pasa é que non sei se isto xa se falara noutro sitio antes. É así? --Gallaecio 18:19, 2 outubro 2007 (UTC)

Non recordo que se tivera falado, e de tódolos xeitos na páxina actual era unha mensaxe que non se usaba durante todo o ano, senón durante un tempo antes e despois do día das letras galegas. Creo que debería a seguir a usarse así xa que se nón estariamos primando a celebración da nosa lingua sobre outras posibles celebracións do noso pobo, o día de Galicia..., pero todo é opinable. Lansbricae (Ti dirás) 18:23, 2 outubro 2007 (UTC)

Entón a proposta inicial sería poñer a táboa do días das letras galegas na parte superior (baixo a benvida, supoño) durante un tempo anterior e posterior da data (17 de maio, para quen ande nas nubes). Eu propoño empezar a poñela dende o 1 de abril (1 mes me parece pouco. Nos colexios comezan a prepararse moi pronto, e non se nos van anticipar uns meniños de primaria ;-)), e a deixaría ata rematar maio, ou mediados de xuño (tempo abondo para quen aínda non se decatase). A opinar se dixo! --Gallaecio 18:44, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo con Gallaecio --Banjo tell me 17:35, 5 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo, aínda que ao mellor non fai falla poñelo dende o 1 de abril (paréceme que é antes de máis), senón que habería que poñelo máis ben a mediados de abril (sobre o día 15). --Toliño (Fala aquí comigo) 17:49, 5 outubro 2007 (UTC)

Artigos para mellorar e para facer[editar a fonte]

Isto é algo que se tocou anteriormente, pero no que non se profundizou. E merece o seu propio apartado. Como creo que xa lin, penso que estes dous apartados estarían mellor no portal na comunidade, xa que mentres que a portada ten como obxectivo o lector (en principio), o portal da comunidade é específico para editores (rexistrados ou non).

Xa de paso, aproveito para dicir que, aínda que non tanto como a portada, estaría ben que despois de rematar isto, non puxesemos a reformar a estética do Portal da Comunidade. A min paréceme que un toque Zen non lle viría mal de todo. --Gallaecio 18:48, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo e véxase galicitas e wikisource.Alma 16:20, 3 outubro 2007 (UTC).
  • Concordo. Vou eliminar eses apartados, quizais teñan cabida cando se renove o portal da Comunidade. AlberteSi, digame? 17:30, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo, e gustaríame saber se xa hai data para a renovación do Portal da Comunidade que mencionaba Alberte, porque sería bo que tras publicar a portada xeral definitiva (en ano novo, creo), comezásemos a traballar na da Comunidade. --Gallaecio 15:25, 22 novembro 2007 (UTC)
  • A verdade é que a data non a sei, pero o que se vai facer é renovar a Portada e o Portal da Comunidade á vez. No portal da comunidade xa se está a traballar. Podes velo aquí: Wikipedia:Portal da comunidade/Experimental. AlberteSi, digame? 15:29, 22 novembro 2007 (UTC)

Galicitas e wikisource[editar a fonte]

Na wiki es fai nada tamén reformaron a portada e engadiron un apartado que a min gústame moito, por unha frase célebre na portada, se se aproba o que se está a votar no apartado anterior que é levar os artigos para facer e os que hai que mellorar para o portal da comunidade, a min, como alternativa non me desagradaría ver na portada algunha frase nosa como "O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos" de Castelao, isto axudaría a dar a coñecer e potenciar tamén outros proxectos en galego como Galicitas. Tamén incluiría o documento do mes para potenciar a Wikisource. Alma 16:20, 3 outubro 2007 (UTC)

  • Estaria ben pero, desafortunadamente, non hai material dabondo neses proxectos para manter a sua continuidade. Galicitas tiña unha cita da semana pero xa non a mantén porque o proxecto está estancado e documentos en Wikisource só hai uns poucos. Esta idea témola que aparcar de momento, pero si que habería que potenciar eses proxectos irmáns. Nese sentido ia tamén a miña proposta anterior de darlles máis relevancia na portada (ver máis arriba). --Xosé (✉) 17:48, 3 outubro 2007 (UTC)
    • Buscar unha cita mensual non é complicado, comprométome a poñer 10 todos os días 1 a 7 de cada mes para que durante ese mes se elixa a que máis guste entre todos para a portada do mes seguinte e se incorporen a Galicitas, así daríamoslle entre todos un impulso a Galicitas. O de wikisource é algo a estudar, pero por exemplo, moita xente traduce artigos da española, portuguesa, etc.. que teñen o icono de "este artigo ten documentos de wikisource" e eu non entendo como se te tomas a molestia de traducir un artigo, porqué non o deixas perfecto e traduces tamén as fontes?? Deberíase incluir no libro de estilo xa que forma parte do artigo orixinal, a "recomendación" de respetar ao editor orixinal e de traducir todo o traballo dese editor incluíndo as fontes, así poderíamos contar con fondos propios no noso idioma e non ter enlaces inexistentes na maior parte dos casos, xa que na maioría dos casos só se modifican os enlaces para adaptalos á wikisource onde evidentemente eses documentos se non son traducidos non existen. Alma 18:09, 3 outubro 2007 (UTC)

Aparición da nova portada[editar a fonte]

Faláramos de que a portada nova aparecería a principios de decembro. Eu estarei ausente o dia 1. Se alguén o quere facer temos que revisar os pasos que hai que dar (mover varias páxinas, asegurarse de que todo queda ben arquivado...). Se non, pódoo facer na noite do domingo ao luns. --Xosé (✉) 19:20, 26 novembro 2007 (UTC)

  • Ben, pois entón colocarei a nova portada e o novo portal da comunidade esta noite. --Xosé (✉) 17:52, 2 decembro 2007 (UTC)
  • Por mín dacordo :D. Se necesitas axuda avisa. Un Saúdo --Banjo tell me 19:13, 2 decembro 2007 (UTC)