Conversa Wikipedia:Editatona Reto 50+

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mulleres das Encrobas[editar a fonte]

O contido a ampliar debería facerse no artigo existente sobre o conflito na Galipedia ou se se considera acaído, solicitar logo a fusión co marcador de fusións, véxase Axuda:Fusión.--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2020 ás 18:01 (UTC)[responder]

Videotitorial para creación de conta e inscrición en wikimaratóns[editar a fonte]

Por se é de interese:

Videotitorial de axuda para a creación dunha conta e para apuntarse ó wikimaratón.

--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2020 ás 18:05 (UTC)[responder]

Licenza dos contidos de Álbum de mulleres[editar a fonte]

Se ben se poden citar, polo que indica a licenza de culturagalega.org, álbum de mulleres non permite reproducir textualmente o que nesta web figura, ao restrinxirse a "Redacción". Deixo ligazón á licenza. Porén, sería correcto consultar as fontes utilizadas polo álbum e facer redaccións propias. Todo contido literal deste medio incorporado á Galipedia é susceptible de ser marcado para o borrado rápido por incumplir o marco de protección dos dereitos de propiedade intelectual:

Por favor, tede en conta Wikipedia:Dereitos de autoría.--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2020 ás 18:38 (UTC)[responder]

Duración da actividade[editar a fonte]

Ola! Primeiramente parabéns pola iniciativa. Acabo de ver a duración do obradoiro e paréceme que dúas horas son escasísimas, máis aínda tendo en conta que parte dese tempo xa vai ser para ensinar a editar... Supoño que esta duración vén marcada pola Universidade, oxalá no futuro se poidan facer este tipo de actividades durante un día enteiro e con acceso libre (que cada quen entre e saia libremente sen horario). O obxectivo dos 50 artigos o vexo moi ambicioso, oxalá se consiga, estaría moi ben para darlle pulo á creación de artigos, un aspecto no que nos fomos quedando un pouco atrás. Un saúdo e sorte! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2020 ás 19:59 (UTC)[responder]

Vídeotitoriais do Editor visual[editar a fonte]

Videotitorial explicando como iniciar o Editor visual e as súas ferramentas básicas.
Videotitorial do Editor Visual explicando como usar a ferramenta de engadir e modificar ligazóns.
Vídeotitorial do Editor visual explicando como usar a ferramenta de engadir e modificar referencias.

Boas, fixen uns vídeotitoriais de introdución ó Editor visual, ó mellor hoxe fago outro explicando como engadir referencias. Se vos parecen de utilidade podedes poñelos na páxina ou usalos no evento. Están feitos baseándose en Usuario:Elisardojm/Guión videotitorial Editor visual. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2020 ás 11:03 (UTC)[responder]

Xa está tamén o vídeo explicando como engadir as referencias. Se podo, nos vindeiros días farei o das imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2020 ás 02:09 (UTC)[responder]

Duración do evento.[editar a fonte]

Non dou credibilidade o que estou a mirar, ou sexa, que se eu non me podo conectar no periodo proposto, os meus artigos feitos catro horas antes con toda a boa intención borranse do proxecto xa que non entran na Editona porque os fixen antes da hora proposta. Un pouco de coerencia señores xa que dese modo vou a seguir facendo o que levo facendo ata agora, e o que queira Editonas que as faga el. Vaia por diante que se a algún non lle gusta o meu comentario esto é porque me atopo un pouco cabreado xa que a miña idea era colaborar coa Editona e que, ainda que na máis umilde colaboración, esta quedara reflexada despois de acar o día. Un saudo e o que se sinta nomeado que trate de desfacer o entorto. Grazas.

P:D: De todolos xeitos o artigo que comecei tratarei de que quede terminado antes de que se acabe o día. --Alfonso mande 12 de marzo de 2020 ás 15:55 (UTC)[responder]

Ola Alfonso, fun eu que o quitei porque faltaba un oco para outra biografía que levaba outra participante presencial. Atendín a que o evento non comezara, pero certamente, debín indicarcho, descúlpame. Xa falo de integralo de novo, non vai quedar fóra, que dubido que se poidan facer todas as da lista. Moitísimas grazas por animarte e sinto o mal momento. Saúdos Maria zaos (conversa) 12 de marzo de 2020 ás 16:04 (UTC)[responder]