Conversa:Xavier Prado Rodríguez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Referencias requeridas[editar a fonte]

Das 4 referencias que se piden, as tres primeiras están en IGLESIA HERNÁNDEZ, P.: "Javier Prado Rodríguez (1874-1942). Prado Lameiro", en CORDERO DEL CAMPILLO e outros: Semblanzas veterinarias, 1978, vol. II, 93-109.

  1. Cobraba daquela cen pesetas anuais [Cómpre referencia].
    • px. 94: "... acordó la corporación nombrarle revisor de carnes y pescados con la gratificación de cien pesetas anuales" (tomado do Folio 41 do Libro de Sesiones do concello de Ribadavia, sesión ordinaria celebrada o 3.06.1901).
  2. Aquí xa cobra 2.500 pesetas anuais [Cómpre referencia].
    • px. 95: "el 18 de febrero de 1910 se le nombra por Real Orden inspector veterinario de tercera clase, con el haber anual de 2.500 pesetas, destinándolo a Orense".
  3. como consecuencia da súa amizade con Vicente Risco [Cómpre referencia].
    • px. 103: "Es amigo íntimo de Vicente Risco y como colaborador de él se incorpora a la redacción de la revista Nós [...] Su colaboración en calidad de redactor jefe ha sido valiosa, pero muy breve".

A cuarta: escribiu un 'Tratado de Veterinaria', inédito, que conserva o seu neto [Cómpre referencia], non a atopo entre os meus papeis. Supoño que vén do libro de Marcos Valcárcel, pero ata o martes non o poderei consultar.

Pedro --Lameiro (conversa) 16:31, 25 outubro 2009 (UTC)

  • Graciñas, Pedro. Se che parece ben, cando atopes esa cuarta, ponlle ti as referencias ao artigo, e de paso bótalle unha revisada xeral. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:37, 25 outubro 2009 (UTC)

Chámame a atención a seguinte frase: "En 1891, con 16 anos, ingresou voluntario no servizo militar, e serviu armas en Vigo e Murcia." (negras engadidas).

E pregúntome ¿porqué en 1891 ían enviar a un voluntario de Ourense a facer a mili en Murcia?

Tendo en conta que no, xa desaparecido, cuartel de Barreiro, en Lavadores, Vigo (42°13′47.39″N 8°40′47.03″O / 42.2298306, -8.6797306), tiña sede unha unidade militar chamada "Regimiento de Infantería Murcia", que foi a maior unidade militar do Exercito de Terra en Vigo. ¿Non será que fixo a mili no Rexemento Murcia e non en Murcia? --. HombreDHojalata.conversa 11 de xuño de 2016 ás 21:29 (UTC)[responder]

Efectivamente. O que di a fonte é:
"En el ejército permaneció durante tres años. Estuvo destinado en Vigo, en el Regimiento de Infantería de Murcia, y llegó a otener la graduación de sargento efectivo. Conseguirá su primera licencia provisional en el año 1894, quedó agregado al Regimiento de guarnición en Orense, donde posteriormente consiguó su segunda y definitiva licencia militar."
Procedo a corrixir o artigo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xuño de 2016 ás 21:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xavier Prado Rodríguez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de abril de 2019 ás 14:35 (UTC)[responder]