Conversa:Xacobe I de Escocia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denominación[editar a fonte]

Non estou moi de acordo con chamarlle en galego "Xacobe" aos reis escoceses e británicos. É verdade que Xacobe é unha das formas posibles deste nome, pero non é a máis frecuente en galego. Xaime tería máis sentido se tentamos copiar o inglés (ou o escocés), eprobablemente se imos á forma latina quizais o que teña máis sentido sexa Iago. A min paréceme claro que chegamos a Xacobe porque temos Jacobo en español (catalán Jaume, portugués Jaime, francés Jacques). O martes 18 de xullo pasarei estes artigos de Xacobe a Iago, pero quería escoitar a vosa opinión antes. Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de xullo de 2017 ás 15:47 (UTC)[responder]

Xacobe é un nome referenciado. [1] Banjo tell me 16 de xullo de 2017 ás 18:20 (UTC)[responder]