Conversa:Terra bóla de neve

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como en galego non existe bóla de neve, propoño que se retitule o artigo como Terra folerpa ou Terra folerpa de neve (non sei exactamente se folerpa inclúe inseparablemente que sexa de neve).--AlberteSi, digame? 23:40, 16 febreiro 2007 (UTC)

Tendo en conta que, segundo o dicionario da RAG:
bóla [ɔ] s.f. 1. Obxecto en forma de esfera. Unha bóla de billar. Sacar unha bóla do bombo. 2. Por ext., calquera cousa á que se lle dá ou que ten esa feitura. Lanzou a bóla contra a rede. SIN. pelota. Demostrou un gran dominio da bóla. SIN. balón. Unha bóla de neve. Fixo unha bóla co papel e tirouno. 3. fig. Bíceps contraído. Saca-la bóla. // pl. 4. Xogo de nenos no que se utilizan unhas bólas de barro ou vidro, que se fan rodar polo chan tratando de que choquen coas do contrario para introducilas finalmente nunhas fochas pequenas. Xogar ás bólas. 5. vulg. Testículos. Non me tóque-las bólas.
parece claro que o termo en cuestión encaixa nas acepcións 1ª e 2ª, e así non é raro ver expresións como a bóla do mundo, e moito menos en globo terráqueo (sendo globo un sinónimo —parcial— de bóla, esfera, balón, etc.).
O que si non encaixa é a acentuación: debe ser bóla, con acento diacrítico no o tónico, para non confundir cunha bola de pan e outras bolas comestíbeis. Polo que suxiro que se corrixa o título. --XoioÉche o que hai 14:27, 20 de marzo de 2012 (UTC)
  • Feito! Movido a bóla, co acento gráfico. Folerpa é outra cousa (*copo en castelán). --Atobar (conversa comigo) 15:47, 21 de marzo de 2012 (UTC)