Conversa:Tareixa, condesa de Portugal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Despois de revisar a documentación sobre esta aristócrata, penso que sería moi oportuno mudar o título do artigo para: Tareixa, condesa de Portugal polas seguintes razóns:

  • Na bibliografía galega que consultei ao respecto non se reflitcte "Tareixa de León", senón que aparecen numerosas referencias a Tareixa/Teresa de Portugal, ou á condesa Tareixa.
  • Vendo que "Tareixa de Portugal" é case sempre reservado para a muller de Afonso VIII (ou IX segundo a nómina), a posible tamén denominación de "Tareixa de Portugal" podería achegar confusión ao lector, facendo necesaria ao meu ver a matización condal.
  • Tendo en conta que Tareixa non foi raíña de León dende ningunha das perspectivas históricas aplicabeis, mais si condesa de Portugal, a mudanza do título pode resultar moito máis clarificante para o lector.

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Alexandre Vigo (conversacontribucións) 12:06, 14 de agosto de 2010

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:52, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Tareixa / Teresa[editar a fonte]

Non son experto en antropónimos. Pero polo que levo lido, semella que o nome Tareixa (e Tereixa) é un hipocorístico de Teresa (como, por exemplo, Sabela o é de Isabel, ou Uxía de Euxenia, entre outros). Por iso sorpréndeme que, na Galipedia, coexistan artigos referidos a personalidades —tanto galegas, como españolas e estranxeiras—, intituladados Teresa ...., como, por exemplo, Teresa Berganza, Teresa de Ávila, Teresa de Calcuta, Teresa Mañé, Teresa Moure, Teresa Portela, Teresa Wright ou Teresa Seara. (E, desde hoxe, Teresa, condesa de Portugal, redirixido cara a Tareixa, condesa de Portugal), xunto con outros tales como Tareixa de Xesús (redirixido cara a Teresa de Ávila), Tareixa Portela (redirixido cara a Teresa Portela), Tareixa Paz (sen redireccións), Tareixa Campo (María Teresa Campo Domínguez, más coñecida como...), Tareixa Navaza (redirixido cara a Tereixa Navaza), ou Tareixa Paz (sen redireccións).
Como digo, non sei se Tareixa e Tereixa slon hipocorísticos de Teresa (aínda que penso que si). Pero do que si que estou seguro é de que este "baile de Tareixas/Teresas" non é propio dunha enciclopedia seria.
Tampouco non sei se, na Galipedia, houbo algunha discusión ao respecto, para decidir emn que casos hai que poñer Tareixa e en cales Teresa. Se non a houbo, creo que debría abrirse un debate neste sentido.

Por se acaso algún consultante lee isto e di que mellor é facer a proposta na Taberna, agora mesmo dou traslado para alá a este comentario. --XoioÉche o que hai 27 de xullo de 2014 ás 15:29 (UTC)[responder]

Abundando no tema. Consultando o Dicionario da Real Academia Galega en liña, podemos ver:
teresiano, teresiana adxectivo 1 Relativo ou pertencente a Santa Teresa ou ás ordes relixiosas fundadas baixo a súa advocación.
E nada de Santa Tareixa.
Espero que, a partir de agora, ningún editor emendo os varios Teresa que poño nas miñas colaboracións. --XoioÉche o que hai 3 de novembro de 2017 ás 18:30 (UTC)[responder]