Conversa:Sutura lambdoide

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome incorrecto. O nome desta sutura vén do seu parecido coa forma da letra grega lambda, polo que o nome ten que ser sutura lambdoide con d. No Diccionario Galego de Termos Médicos figura lambdoide en vez de lambdoidea, polo que supoño que hai que preferilo, sen acabar en a (en coherencia coa solución xeral dada a outras palabras similares), pero sempre con d. En Terminologia Anatomica o termo oficial en latín é sutura lambdoidea (TA A03.1.02.004) [1]; neste caso acaba en a por estar en latín. Polo momento, xa vou crear a redirección "Sutura lambdoide", que me fai falta para ligar con outras páxinas.--Miguelferig (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 12:10 (UTC)[responder]


Feito! Corrixido. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de febreiro de 2015 ás 17:59 (UTC)[responder]