Conversa:Six moments musicaux (Rachmaninov)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbida en seisillos[editar a fonte]

Piquito, o termo seisillos non me parece correcto porque é unha copia do castelán, e penso que non é un termo creado orixinalmente nesa lingua. Porén non sei cal será o correcto en galego, nin se existirá. Penso que habería que adaptalo. Quizais debería ser seisiños, ou algo así. Tamén podería ser sestina, como din en italiano, se é que ese foi o termo orixinal, pero a ver o que din outros. Ti que pensas, Atobar? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:13 (UTC)

O seu era mirar nalgún manual en galego de música. Só podo engadir que en inglés, por se axuda en algo, adoita chamarse double-triplet, e polo que vexo tamén cabe a opción de sextuplet. *Seisillo é un castelanismo, iso seguro. Sinto non poder achegar máis información agora mesmo, pero heino de mirar. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 30 de xuño de 2017 ás 11:40 (UTC)
Claro, pero se non hai (ou non o atopamos) ningún manual de música, en galego, que teña ese termo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:50 (UTC)

Pasa o mesmo con *tresillos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 12:08 (UTC)

Elisardojm, a versión en galego de MuseScore dá tercina e sextina. Se podes cambialo ti agradézocho, e se non xa o fago eu esta noite ou mañán. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 12:52 (UTC)
Mellor será ter algunha referencia máis, MuseScore é un programa que está traducido por non se sabe quen... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 13:01 (UTC)
Trasladei a dúbida a Lexicografía. En canto respondan, informo. --Atobar (conversa comigo) 30 de xuño de 2017 ás 15:28 (UTC)
Grazas Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 23:03 (UTC)
Feito! Feito! Corrixidos todos os "tresillos" e "seisillos" por tercinas e sextinas. Piquito (conversa) 1 de xullo de 2017 ás 00:13 (UTC)
  • SOlucionado: sestina. Isto responden de Lexicografía: "A forma proposta polo servizo de Termigal é “sestina”, como pode comprobar na seguinte ligazón: [1]". Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 3 de xullo de 2017 ás 08:15 (UTC)
Moitas grazas Atobar!! Agora o artigo está niquelado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:37 (UTC)

Dúbida en *estudio[editar a fonte]

Piquito, o termo *estudio tamén me xera dúbidas. Penso que ese termo debe ser Estudo (música), a semellanza de como está na wiki en castelán e outras, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:48 (UTC)

  • É estudo. Estudio é outra cousa. Cambia aí sen medo, Elisardo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 30 de xuño de 2017 ás 15:25 (UTC)
Feito! Feito! grazas de novo Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 23:06 (UTC)