Conversa:Serra Nevada, Estados Unidos de América

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os americanos empregan o nome Sierra Nevada para referirse a esta serra cando poderían chamala en inglés snowy saw range. Por que nos dicimos Serra Nevada e non Sierra Nevada como fan eles? O único caso, así máis cercano a nos no que utilizan Serra no título é no portugués, pero alí utilizan o nome Sierra Nevada no resto do artigo, chegando incluso a afirmar que é coñecida en popularmente en inglés como The Sierra. O resto de linguas que consultei (francés, catalán, vasco, italiano e mesmo ruso) utilizan a forma Sierra Nevada. Propoño polo tanto o cambio de nome desta páxina cara Sierra Nevada, Estados Unidos de América. --AMPERIO (conversa) 17 de decembro de 2018 ás 11:51 (UTC)[responder]

Non mirei a fondo o caso, pero os americanos empregan moitas palabras en castelán pola herdanza colonial, e non por iso nos facemos o mesmo (Os Ánxeles). Xa digo que non sei para este caso concreto, pero así de primeiras tampouco o argumento me parece definitivo. --Norrin (Fálame) 21 de decembro de 2018 ás 11:18 (UTC)[responder]
Os americanos si, pero os franceses, italianos, rusos non creo que teñan esa herdanza ou influencia española e non traducen o nome. --AMPERIO (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 11:19 (UTC)[responder]
A falta de referencias en galego, cómpre mantelo como Sierra Nevada. --Atobar (conversa comigo) 21 de decembro de 2018 ás 11:21 (UTC)[responder]