Conversa:Serea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela do Patrocinio, en Rianxiño (Rianxo)

Untitled[editar a fonte]

A lenda da serea é anterior a este Vizconde de Fefiñáns, corresponde ós Mariño: un cabaleiro que naufragou e foi salvado por unha serea, coa que casou e tivo fillos: os Mariños. A casa matriz estaba en Sálvora e tiña outras propiedades noutras vilas da ría, entre elas Rianxo e Cambados, e noutros sitios máis. Estes Mariño terminaron emparentando cos Lobeira, e de aí os Mariño de Lobeira (ver Pedro Mariño de Lobeira). Ben. Outro tema é que, sendo Castelao de Rianxo e tendo debuxado os escudos de Rianxo (ver fotografía, e hai máis sereas en Rianxo), semella máis que probable que a idea da serea no escudo de Galicia a tomase desa serea rianxeira e non da cambadesa. A falta dunha referencia que o acredite, vou reescribir a frase "Ao parecer esta foi a serea que tomou Castelao para facer o seu escudo da Galiza para a época da república co seu lema inscrito 'Denantes mortos que escravos' ". Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Concordo co cambio, parece plausíbel a túa teoría e como a outra cita tampouco estaba acreditada ben pode quedar esta. --Nonso91 19:53, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Deixo aquí o texto retirado. Xa o aproveitarei. Pedro --Lameiro (conversa) 21:05, 14 de outubro de 2010 (UTC) Este poliformismo (muller-ave) trócase, non se sabe ben cando, no poliformismo doutro ser mitolóxico, o das nereidas (muller-peixe). Deste cambio téñense xa datos no século XV, cando os mariñeiros que viaxaban con Colón ás Américas confunden a este ser mitolóxico cos manatís que alí viven. A popularización deste ser mitolóxico débese a un conto infantil, A sereíña, do dinamarqués Hans Christian Andersen, que é o responsable de que a serea sexa asociada principalmente cunha muller-peixe.