A sereíña
A sereíña | |
---|---|
A sereíña, ilustración de Anne Anderson (1874-1930). | |
Título orixinal | Den lille havfrue |
Autor/a | Hans Christian Andersen |
Orixe | Dinamarca |
Lingua | lingua dinamarquesa |
Tema(s) | Little Mermaid e serea |
Xénero(s) | Conto de fadas |
Editorial | Ignác Leopold Kober |
Data de pub. | 7 de abril de 1837 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A sereíña é un conto de fadas escrito polo escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen (1805-1875), célebre polos seus contos infantís. Foi publicado por vez primeira o 7 de abril de 1837.
Resumo do conto
[editar | editar a fonte]A sereíña cumpriu a idade necesaria para poder subir á superficie. Na súa primeira incursión, salva a un príncipe de afogar no mar, e queda namorada del. Pero, aínda que fía unha serie de sacrificios, incluíndo a aceptación do pacto cunha meiga de perder a voz a cambio dun corpo humano, o príncipe finalmente namórase doutra muller. A sereíña tivo entón a oportunidade de volver á súa vida baixo o mar, pero para iso debía facer dano ó príncipe, escolleu sacrificarse por el. Cando cre que xa chegou o seu final, unhas fadas lévana a vivir ó ceo.
Publicación
[editar | editar a fonte]O conto de A sereíña foi escrito en 1836, e publicado por primeira vez por C.A. Reitzel en Copenhaguen o 7 de abril de 1837 na colección Contos de fadas contados para nenos. Tercer volumen. 1837 ( Eventyr, fortalte for Børn. Første Samling. Tredie Hefte. 1837.). Foi reeditado o 18 de decembro de 1849 na colección Contos de fadas (Eventyr. 1850), e de novo o 15 de decembro de 1862 en Contos e historias de fadas. Primeiro volumen. 1862 (Eventyr og Historier. Første Bind. 1862.).[1]
Adaptación de Disney
[editar | editar a fonte]O 17 de novembro de 1989, Walt Disney Pictures estreou o primeiro filme de animación d' A sereíña (The Little Mermaid) baseado no conto de Andersen. Pero existen algunhas diferenzas entre o texto orixinal e a produción de Disney, entre as que se poden destacar:
|
A sereíña (estatua)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: A sereíña (estatua).
A estatua d' A sereíña, sita na baía do porto de Copenhague, é un dos símbolos máis característicos e visitados desta cidade. Representa á personaxe do conto de Hans Christian Andersen.
Foi encargada en 1909 polo empresario Carl Jacobsen (fillo do fundador de "Carlsberg") ao escultor Edvard Eriksen, que se inspirou nunha bailarina do Ballet Real e na súa muller para realizar a obra. A estatua foi emprazada no seu lugar actual o 23 de agosto de 1913, sobre unha base de penas na beira do mar.
Aínda que ao longo da súa historia sufriu numerosos ataques vandálicos, sempre puido ser reconstruída xa que se conservan moldes de cada unha das súas partes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hans Christian Andersen Center: Hans Christian Andersen: The Little Mermaid". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A sereíña |