Conversa:Reguetón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Poida que a opción correcta sexa reggaeton. Eu non o sei, pero en todo caso o cambio debe de vir acompañado dunha referencia válida para o galego, co cal entendo que está ben feita a protección por parte de HombreDHojalata ante o vandalismo excesivo. --Atobar (conversa comigo) 23:02, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Lendo a historia e orixe do xénero musical hei visto que ten algo que ver co reggae de jaimaca, polo que me fai chegar á Conclusión de que a súa escritura correcta seria reggaeton, ademais é o nome co que esta en todas as wikipedias e non vexo ningún problema ao adaptarlo ao galego. --190.151.214.187 00:49, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Se ningún de nós está seguro nin ten referencias axeitadas de como debe ser esta palabra, quizais o que habería que facer é aceptar a forma internacional reggaetón poñéndoa sempre en itálicas ou entre comiñas. Penso que esta pode ser unha solución intermedia para evitar entrar en guerras de edición mentras non se consigan referencias para o galego sobre unha forma ou outra. ¿Que vos parece?, ¿ou tedes outra proposta?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:49, 9 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Cando haxa referencia válida en galego para calquera das formas, primará esa. Entrementres metinlle esta segunda denominación e fixen redirección. --Atobar (conversa comigo) 10:32, 9 de febreiro de 2012 (UTC)
  • non vexo a necesidade de referencias xa que "reggaeton" é o nome orixinal do xénero musical e o que usan en todos os paises e non vexo o problema en usalo en Galicia.--Thknny 02:52, 11 de febreiro de 2012 (UTC)
Moi ben, así non haberá problemas mentras non se aclare o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:47, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

eu estou completamente a favor de cambiarlle o nome a reggaeton xa que é o nome orixinal do xénero musical e non vexo ningún problema ao adaptalo ao galego.--Thknny 17:02, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

  • O ficheiro que achegas non supón ningunha referencia, Thkny. por dous motivos: un é que outro proxecto wikimedia non serve de referencia para este (non podemos referenciar sobre o que nós mesmos argallamos; pénsao: se der así estaríamos entrando nun bucle trampulleiro e chafalleiro). Dous: unha referencia debe vir dunha institución, gramática ou mesmo, para o caso, casa de discos (en galego!) recoñecida. Ademais, esta imaxe está en inglés. Por outra banda, sen que sirva de precedente e porque fun eu o primeiro editor do artigo e polo tanto quen puxo a primeira denominación e tivo a chave da elección, que foi reguetón, vou proceder a virar o que hai; así, vou reposicionar os títulos para que sexa reguetón o que redireccione cara a reggaeton e non ao revés, como até agora. Xa por último, insistir nun punto de importancia: non está permitido o uso de múltiples contas (debes decidirte por unha; quedas con este usuario e desbotas os demais?) e tampouco non está permitido editar de forma paralela para tratar de levar a cabo un obxectivo cando nas páxinas de conversa non é un capaz de acadar o consenso que propicie o cambio. É dicir, non debes facer artigos paralelos para darlle outro título nin debes entrar a guerras de edicións. Máis nada. Anímote agora a que crees e completes moitos artigos sobre a xente relacionada con este xénero musical e xa sabes que para calquera dúbida aquí nos tes ao resto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:38, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Aclarar que a suposta uniformidade do termo nos proxectos irmáns ven dada, en parte, pola teimuda actividade crosswiki do mesmo usuario, que abusa de múltiples contas, editando a través dun proxy. Accións non permitidas polas políticas, motivo polo que xa foi bloqueado en varias ocasións. --. HombreDHojalata.conversa 13:20, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Eu penso que a entrada deberíase titular "reguetón" xa que "reggaeton é un anglicismo. Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 14:33 (UTC)[responder]