Conversa:Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non queda moi claro isto: ...príncipe galego por Galicia, Bretaña e Inglaterra. --Atobar (conversa comigo) 22:01, 28 xuño 2009 (UTC)

Poís a ver si podes amañar algo en galego pechado, (tamén podes ler aquí) : Ponthus é fillo do rei de Galicia, Thibor. O romance comeza coa descrición de Galicia e de Oriente. Logo de cos musulmáns atacan a Coruña, matan o rei, Ponthus (ainda pequeno) vaise a Bretaña (onde derrota musulmáns , onde enamorase da filla do rei de Bretaña, Sidoine...), e depoís a Inglaterra (onde tamén derrota musulmáns ), logo volta a Bretaña, volta salvar Galica, volta ...ElviraConversa comigo 22:24, 28 xuño 2009 (UTC)
Coido que vai mellor posto así: príncipe de orixe galega dos reinos de Galicia e Bretaña e figura clave na defensa de Inglaterra durante os ataques musulmáns. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:33, 28 xuño 2009 (UTC)
Perdoa Atobar, pero non vira iste último comentario, senon houbera seguido a conversa antes de mover o contido. Non concordo coa túa frase : a) podese decir que é galego ; b) o que sigue supón que se fala de algo de histórico, non é o caso, Ponthus é puro heroe inventado en Francia, ademáis case todos personaxes aluden a figuras histõricas francesas ou a personaxes da materia de Bretaña, principalmente francesa. Penso que é importante co artigo non leve o lector en confusion : O Romance de Ponthus e Sidoine é unha obra de literatura francesa e nela reflictase a representación que se tiña por ises tempos do que era Galicia. Non sei si esplico ben as mudanzas que fixen, non teñen como obxecto de corrixir os arranxos de lingua, o teu xeito de mellorar a miña escrita. Gustariame que quedase claro que agradecello a todos usuarios (e niste caso a ti) os arranxos que facedes, sen eles eu case non poderia editar. Realmente non vira a tua proposta. Sintóo moito ElviraConversa comigo 10:04, 4 xullo 2009 (UTC)
Si: Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña: [1][2] --. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2016 ás 11:24 (UTC)[responder]

Movemento[editar a fonte]

Estevoaei, non acabo de entender o movemento... Se xa había unha edición en galego, entendo que debe primar polo criterio de antigüidade de edicións... --Norrin (Fálame) 22 de abril de 2016 ás 07:05 (UTC)[responder]

Eu véxoo do revés; a aparición dunha nova edición debe primar sobre outras. Cando un autor falece, considérase que a edición válida dunha obra súa é a última que saíu mentres estaba vivo; por este motivo temos o artigo Terra Chá (poemario) a pesar de que a primeira edición era Terra Cha. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de abril de 2016 ás 09:43 (UTC)[responder]
Nese caso sí, mais aquí falamos dunha obra en francés, e de dúas traducións diferentes. Porqué debería primar o criterio de Henrique Harguindey fronte ao de Paulo Nogueira Santiago, cando ningún deles é o autor? --Norrin (Fálame) 22 de abril de 2016 ás 09:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 00:44 (UTC)[responder]