Conversa:Parque Nacional das Illas Atlánticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non tería máis sentido trasladar o contido do outro artigo a este? En páxinas oficiais como as do Ministerio de Medio Ambiente [1] e na da Consellería de Medio Ambiente [2] emprégase esta forma: O 21 de novembro de 2000, o Parlamento de Galicia aprobou a remisión ás Cortes Xerais da proposición de Lei de Declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na que se incluía o arquipélago das illas Cíes.

Tamén nas páxinas de organizacións ecoloxistas galegas como Adega [3] E creo que tamén é a denominación máis coñecida pola xente. Que pensades? --Knorpel 08:36, 23 agosto 2007 (UTC)

  • De acordo con utilizar como entrada a forma Parque Nacional das Illas Atlánticas e con traer aquel texto a esta páxina. É a forma máis lóxica e coñecida, pero o certo é que a denominación oficial é a outra: "Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia" (Lei 15/2002, de 1 de xullo -BOE 157, de 2 de xullo- pola que se declara o Parque, o seu ámbito e límites, etc, etc.). A forma resumida "Parque Nacional das Illas Atlánticas" xurde no uso común, técnica e nas webs oficiais e ecoloxistas por economía da linguaxe. Exemplos así temos moitos máis. Pedro --Lameiro 11:05, 23 agosto 2007 (UTC)

Movín o artigo a nacional, con minúscula, que é o correcto e o coherente coas demais denominacións de parques nacionais. --Xabier Cid Conversa 16:59, 7 marzo 2009 (UTC)


O ano pasado [4] quedáramos, con ocasión do artigo sobre as Fragas do Eume, en non utilizar nos artigos sobre áreas de Galicia fotografías da flora e fauna doutros lugares. Aínda que nunca se converteu, que eu lembre, en política oficial, o respaldo unánime dos que opinaron daquela (ó que hoxe sumo o meu) debería ser tido en conta. Outra observación menor a facer é que o nome do espazo é "...de Galicia", non Galiza como se emprega no artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:53, 25 xullo 2009 (UTC)

Bibliografia[editar a fonte]

Vense de publicar a Guía Xeolóxica das Illas Atlánticas. Imprescindible como referencia bibliográfica.

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 00:17 (UTC)