Conversa:Oia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Que razón plausible hai para reverter a edición co escudo en galego, o que emprega o concello de Oia na súa web, para manter o escudo en castelán coa toponimia deturpada?.--Sernostri (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 12:07 (UTC)[responder]
Intúo que é porque o ficheiro:Oya.svg, aínda sen ser un escudo oficial, ten unha descrición xustificada, facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, mentres que o Ficheiro:Escudo galego Oia.png (obra derivada do primeiro), non inclúe descrición ningunha. que xustifique que o texto estea en galego. Supoño que será cuestión de solucionar iso, non sei. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de agosto de 2013 ás 12:23 (UTC)[responder]

O que non ten xustificación é que o texto estea en castelán e ademais empregando unha forma NON oficial como é Oya, xa que o concello de Oia emprega na súa web un escudo co texto en galego http://www.concellodeoia.es/ xa que un escudo coa toponimia non oficial nunca sería aprobado pola Xunta e polo tanto nunca podería ser oficialmente recoñecido, na comisión de Heráldica da Xunta hai un especialista en toponimia para garantir que se empreguen as formas oficiais, entre outras cousas. --Sernostri (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 12:30 (UTC)[responder]

Si que pode ter xustificación, de tipo histórico, se o escudo foi deseñado en tempos en que o galego non era lingua oficial (como o escudo do concello de Touro, que ten un Y para referirse a Isabel II). E ningún dos dous escudos é oficial; Moitos dos concellos galegos aínda non teñen un escudo oficial, aprobado pola Xunta. Non quero ser avogado do diaño, pero a falta dun escudo oficial, supoño que ten preminencia un descrito pola asociación que comentei arriba (aínda sen saber os criterios que utilizan). --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de agosto de 2013 ás 14:50 (UTC)[responder]
Esa explicación non se sostén. A páxina web do concello de OIA ten o escudo en galego e pon OIA. Dende cando teñen máis peso as "asociacións" (non identificadas) en cuestións toponímicas que os concellos? Por outra banda como ben apuntan máis en riba é imposible que a Xunta de Galicia aprobe un escudo escrito en castelán e moito menos cun topónimo non oficial. Saúdos --Nemigo 19 de agosto de 2013 ás 14:50 (UTC)[responder]

Revertín a edición de HombreDHojalata, os motivos os expuxen na caixa. Para solucionar o tema propoño crear unha sección de símbolos e punto. Piquito (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 16:49 (UTC)[responder]

Dous fíos, un aquí e outro na taberna. Contesto alí: Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)/Arquivo_10#Escudos_franquistas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de agosto de 2013 ás 08:32 (UTC)[responder]
Oia segue sen ter escudo oficial.[1] --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2021 ás 11:53 (UTC)[responder]

Referencias

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Oia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 09:33 (UTC)[responder]