Conversa:Occitanismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Occitanismos en galego[editar a fonte]

A ver se alguén pode revisar esa sección porque non se entende ben, non se sabe que parte é a que está en occitano, que parte está en galego e de que xeito evolucionaron. Tamén hai que amañar as notas porque non veñen ó caso expresións como O DRAG non acolle estornudar, p. ex., a pesar da súa extensión no galego común e Parecen oito séculos poucos para admitir a galicidade da palabra? Son dabondo trinta e tres anos para ler o artigo de Pensado e obrar en consecuencia? Consonte as datas que dá Pensado, será besugo de orixe occitana ou simplemente galega?. Atobar, Xabier Cid ou Estevoaei poderíades revisar isto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 11:52 (UTC)[responder]