Conversa:Navia de Suarna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Perdón, no sé galego. ¿Y la parroquia de San Xoán de Sevane?--Aitorembe (conversa) 6 de maio de 2021 ás 23:58 (UTC)[responder]

@Aitorembe:: pertenece a otro municipio; Sevane, Becerreá. Un saludo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2021 ás 07:05 (UTC)[responder]
@Estevoaei:: Perdón, es la parroquia de San Xoán de Savane, o Sevane, que según el IGE y el INE abarcan los lugares de Cantorcia y Savane, que aquí estan en la parroquia de Ribón. Un saludo Estevoaei.--Aitorembe (conversa) 7 de maio de 2021 ás 10:14 (UTC)[responder]
A ver se @One2: pode achegar algo de luz. --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2021 ás 11:14 (UTC)[responder]
@Estevoaei:, pois no Decreto polo que se aproba o nomenclátor da provincia de Lugo efectivamente aparece, e faino como «Savane» (sen padroeiro), cos lugares de Cantorcia e Savane. No web do concello aparece, pola contra, como San Xoán de Sevane [1]. Non sei se @Elisardojm: ou @Maria zaos:, que creo que revisaran todas as parroquias, nos poden dicir algo. One2 (conversa) 7 de maio de 2021 ás 12:11 (UTC)[responder]
Segundo Os Concellos Galegos Sevane, San Xoán, é unha das parroquias que conforman o concello e xa existía cando se creou o propio concello. Supoño que nos falta esa parroquia… One2 (conversa) 7 de maio de 2021 ás 12:24 (UTC)[responder]
Pode ser que haxa un erro, Savane e Cantorcia están como lugares en Ribón, Navia de Suarna..., como no DOG non ten santo, entendín que son lugares da parroquia de Ribón e como estaban así no modelo non revisei máis. Pero hai un espazo de separación "raro" no documento, habería que investigalo un pouco máis para asegurarse de se é un erro ou non, quizais haxa unha fe de erros do DOG posterior... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2021 ás 13:42 (UTC)[responder]
Usuario:One2 xa me gustaría a min revisalas todas, pero non, e eu fágoo en Wikidata e fáltanme un mundo. @Elisardojm One2 ten razón, pola cursiva semella parroquia á parte no decreto, pero no conxunto de datos deron un erro máis, xa que aparecen dous lugares de Savane (filas 19559 e 19560) dentro da parroquia de Ribón, cando deberían ser parroquia e lugar ; Cantorcia, polo tema alfabético, queda máis arriba, tamén dentro de Ribón. Fe de erros non atopei, pero como o decreto (o DOG) vai antes que o conxunto non é errado crear Savane como parroquia ao estar en cursiva, permíteo a política de Toponimia.
@Aitorembe o que se aplica na Galipedia é unicamente o Decreto citado máis arriba. Noutros proxectos (como Wikidata) as referencias tanto ao Nomenclátor Básico de España[ onde aparece como Sevane, San Xoan en Navia de Suarna, actualizado e harmonizado con INSPIRE en 2015 aquí] como ao Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población son máis que correctas, xa que recoñecen a competencia das comunidades autónomas na regulación dos nomes do territorio, pero a diferenza dos conxuntos de datos e publicacións oficiais en Galicia, si se actualizan. É dicir, quen ten a competencia trasmíteo para que se volque neses nomenclátores estatais, pero non fai novas publicacións oficiais en Galicia sobre estes cambios, aparentemente. Como na Wikipedia debémonos á política que só acepta decretos dos anos 1996, 1998, 2000 (Lugo) e 2003, os cambios non os podemos incluír aquí. Mágoa é tamén que os conxuntos de datos derivados destes decretos, de actualización algo máis recente, non só non recollen os cambios senón que ás veces amplifican os erros, como no caso que nos ocupa. No Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población aparece baixo o número INE 27034170000 a entidade colectiva (asimilámola á parroquia civil) de Sevane (San Xoán), coas seguintes entidades por baixo (dentro dela)
27034170100 Cantorcia Entidad singular
27034170199 Cantorcia Diseminado
27034170200 Savane Entidad singular
27034170299 Savane Diseminado
Así que para min é clarísimamente unha parroquia propia con dous lugares: Savane e Cantorcia. A maiores poderíamos considerar outras fontes, tanto históricas como locais (as do concello) , pero xerárquicamente e por actualizacións e harmonizacións tanto o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población como o Nomenclátor Geográfico Básico de España e o Nomenclátor Geográfico Nacional son as máis recomendables. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 8 de maio de 2021 ás 18:40 (UTC)[responder]