Conversa:Montes do Invernadeiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Redacción[editar a fonte]

O artigo está cheo dun léxico técnico que non entenderá o lector normal e que habería que explicar en nota ó pé. ¿Algún biólogo se anima?

Exemplos: cuarcitas cambro-ordovíricas, migmatitas hercínicas, ortogneis precámbricos, arcosas do grupo do ollo de sapo, fríos Wurnienses, solos Ranker e Litosol, solo hidromorfo (Historal e Glysol), solos podsólicos, etc.

Pedro --Lameiro 21:25, 19 setembro 2007 (UTC)

Nome do artigo[editar a fonte]

¿El nombre correcto no es "invernadoiro"? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.147.70 (conversacontribucións) ás 05:22 do 18 de setembro de 2009 (UTC)

Pois non. :) Pero debería poñerse unha redirección. --Xabier Cid Conversa 06:21, 18 setembro 2009 (UTC)

Monte do Invernadeiro ou Parque Natural do Invernadeiro[editar a fonte]

Xórdeme a dúbida sobre do nome do artigo polo seguinte motivo. O nome oficial do parque é "O Invernadoiro". Porén, existe a localidade homónima e, como esa debería ter preferencia, reservouse ese nome para a localidade. Agora ben, polo que fun lendo para redactar o artigo, existe o "monte do Invernadeiro", que foi un primeiro privado e despois público e de gran extensión e que, polo puiden ler, sería en boa medida case todo o actual parque. Porén, paréceme que ese monte non é a totalidade do parque (sería fundamentalmente as zonas dos vales) e que ese nome se refería a esa propiedade. Que opinades sobre mover o artigo a "Parque Natural do Invernadeiro" (parque natural describe o que é) e deixar libre "Monte do Invernadeiro" para un futuro artigo sobre esa explotación forestal? Mgl.branco (conversa) 29 de maio de 2020 ás 11:42 (UTC)[responder]

Imaxe do circo glaciar[editar a fonte]

A imaxe dun circo glaciar non é do Invernadeiro, senón de Peñalara, Madrid. Non sei sería mellor opción especificalo no pé da foto ou retirala do artigo directamente, porque dá lugar a confusión, o máis lóxico é pensar que é do Invernadeiro. Que pensades?--Paradanta (Cóntame) 21:38, 15 de agosto de 2010 (UTC)

nalgún momento xurdiu este debate con respecto a fotos de animais tomadas fóra de Galicia para parques e lugares de dentro de Galicia, pero non lembro a conclusión... Alguén se lembra? --Xabier Cid Talk, please 23:04, 15 de agosto de 2010 (UTC)
No caso dos animaliños, se a memoria non me traiciona, foi que non se usan outros que os do país. De todos modos un paxaro é o mesmo aquí e alén da fronteira, pero os circos glaciares non se moven do sitio, eu penso que é máis doado confundirse e pensar que está onde non está. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:13, 15 de agosto de 2010 (UTC)
  • A discusión foi en novembro-decembro de 2008, con votación incluída, e podedes vela en [1]. A conclusión unánime foi non emplear imaxes de bichos tomadas noutros lugares para ilustrar artigos de espazos naturais galegos. Semella lóxico estendelo ó caso deste circo glaciar. Pedro --Lameiro (conversa) 23:28, 15 de agosto de 2010 (UTC)
    • O caso é que se aplicamos este principio nos quedamos case sen imaxes neste artigo: tódolos bichos e o abruñeiro son foráneos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:33, 15 de agosto de 2010 (UTC)
eu diría que debemos ser consecuentes co aprobado.--Xabier Cid Talk, please 06:23, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Home, eu podería contribuir poñendo algunhas imaxes que tomei a fin de semana pasada no propio Invernadeiro, de piñeiros rubios e bidueiros, por exemplo, aínda que concordo con Xoacas que no caso dos animais a situación non é tan confusa como a do circo glaciar, que si dá a sensación de que é no propio Invernadeiro. De momento, se ninguén expresa o contrario nunhas horas, retiro a imaxe do circo. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 13:08, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Retirei imaxe do circo glaciar, porque estaba máis consensuada. A dos animais e plantas aínda non as retirei porque o consenso non é tan claro, aínda que eu son da opinión de que se houbo unha votación no seu día ao respecto o lóxico é respectar o seu resultado.--Paradanta (Cóntame) 15:52, 16 de agosto de 2010 (UTC)
  • Entendo que é boa cousa respecta-los acordos tomados, pero gustaríame facer unha matización (que quizais nos leve a reconsiderar aquel acordo). Se nun espazo natural hai un bicho determinado, o bicho é o mesmo aquí ou en Lima. Non sendo admisible poñe-la foto dun bicho inexistente neste espazo, que sí sería un engano, non lle vexo maior problema a trae-la foto de Commons porque non desvirtúa a realidade. Iso si, sería aconsellable indicar no pé da foto que o rebezo é canadiano e a londra austríaca. No caso de ter fotos autóctonas, a escolla sería doada, salvo fotos nmosas de mala calidade, pero o caso é que temos -e teremos- moi poucas fotos de fauna da calidade das fotos de Commons. Pedro --Lameiro (conversa) 16:54, 16 de agosto de 2010 (UTC)