Conversa:Mandorla

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Améndoa mística[editar a fonte]

@MAGHOI: Se non hai referencias para o nome galego "améndoa mística" non debe incluírse como tal. Dubido que unha obra en castelán e outra en inglés inclúan o nome como tal en galego. Entendo que tes acceso ás dúas obras que engadiches como referencias para ese nome, polo que por favor confirma se inclúen referencias ó nome galego. Se non o fan, non debe indicarse directamente como nome alternativo na primeira liña, pero poden indicarse as denominacións alternativas que lle dean noutros idiomas coa tradución correspondente máis adiante na propia cabeceira (sen letra grosa) ou nunha sección correspondente. Banjo tell me 30 de novembro de 2016 ás 12:24 (UTC)[responder]

Efectivamente. Se non hai referencia en galego, cómpre retirar ese nome. --Atobar (conversa comigo) 30 de novembro de 2016 ás 14:14 (UTC)[responder]

Simbolismo[editar a fonte]

A sección que intenta explicar o simbolismo da mandorla (outra dimensión, camiño entre dous mundos, vivos e mortos, pasaxe...) ten un tratamento esotérico que, unha de dúas, ou se elimina ó non ser enciclopédico, ou se referencia claramente para saber quen di esas cousas. Eu preferiría a primera opción, directamente. A interpretación que eu me sei non ten nada que ver con todo iso. Pedro--Lameiro (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 19:32 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Mandorla. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de novembro de 2018 ás 13:26 (UTC)[responder]