Conversa:Lista de crustáceos de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pagurus prideaux[editar a fonte]

A denominación Quisquilla para Pagurus prideaux, que é un cangrexo ermitán, non será un erro por Palaemonm adspersus Rathke, 1837, que é un camarón moi semellante a P. elegans Rathke, 1837, que figura a continuación?
Por certo, o nome quisquilla, aínda que moi usado, non está admitido pola Real Academia Galega, nin por dicionarios como o Gran Xerais.--XoioÉche o que hai 6 de xaneiro de 2013 ás 00:21 (UTC)[responder]

Non sei cal será o nome vulgar pero está claro que *quisquilla non pode ser co cal vouno quitar da lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2013 ás 10:43 (UTC)[responder]

Dous CAMARÓNS[editar a fonte]

Nesta lista dáselles o mesmo nome, camarón, a dúas especies diferentes, pertencentes a dúas familias distintas (e mesmo a dúas superfamilias): Crangon crangon (familia dos crangónidos) e Palaemon serratus (familia dos palemónidos). E aínda que é certo que o común da xente denomina así ás dúas (pero con clara preferencia para a segunda das citadas) e que, polo tanto, é perfectamente admisíbel o seu uso en contextos populares, vai totalmente en contra das normas para a adopción de nomes vulgares ou vulgarizados para as especies biolóxicas (que has hai), para utilizar en obras de divulgación, como guías de campo, libros de texto escolares e mesmo nesta Galipedia; e non digamos xa para a etiquetación das especies que se venden en mercados e peixarías, pois poderían inducir a fraude, xa que P. serratus é moito máis apreciado que C. crangon. (Na literatura científica non hai problema porque se usa o nome científico).
Dado que, en Galicia, o camarón propiamente dito é P. serratus (ver camarón no dicionario da RAG), un posíbel nome para identificar a C. cragnon podería ser o de camarón de area, como propoño na páxina de conversa do artigo Crangon crangon.--XoioÉche o que hai 7 de xaneiro de 2013 ás 19:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Lista de crustáceos de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 03:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lista de crustáceos de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 15:22 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Lista de crustáceos de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 03:20 (UTC)[responder]