Conversa:Lehendakari

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei moi ben que facer coas extensas notas que introduciu Xabier Armendaritz. É certo que unha cita textual, en rigor, non hai que traducila, pero neste caso, ao tratarse dunha lingua cuxo dominio non se lle pode supoñer ao lector, resulta na práctica unha cita inútil. Eu marqueino co modelo {{nongalego}}, pero el quitouno por consideralo improcedente. Cómpre escoitar outras opinións. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:44, 15 de xuño de 2010 (UTC)

  • Entendo que cómpre unha tradución á par. --Atobar (conversa comigo) 21:49, 15 de xuño de 2010 (UTC)
  • Concordo en que unha cita en vasco é ineficaz nunha enciclopedia en galego. O respecto polas fontes e as citas non pode primar sobre a utilidade da cita, logo ou se traduce ou se elimina o texto en vasco sen ninguén dá esa tradución. A segunda nota, sobre os significados da palabra presidente tampouco teñen sentido. Pedro --Lameiro (conversa) 21:56, 15 de xuño de 2010 (UTC)
  • Concordo con Lameiro --Banjo tell me 22:28, 15 de xuño de 2010 (UTC)
  • Neutro. Entendo que, nunha enciclopedia en galego, tal vez sexa demasiada información gramatical sobre o éuscaro. Só quería deixar documentadas as razóns sobre as que se basean os cambios que realicei, pero, en vista das vosas opinións, supoño que basta con citar as fontes, así que propoño borrar os exemplos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Armendaritz (conversacontribucións) 14:33, 16 de xuño de 2010