Conversa:Hospital Real de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Na literatura artística esta obra é denominada Hospital Real, nunca Hostal dos RR. CC, e hospital foi até ben entrado o século XX - o mesmo Castelao, fixo aí as súa prácticas médicas-. Na miña opinión deberíase cambiarlle o título aquí, e logo no artigo sobre Santiago, Enrique Egas, etc.- ip 213603030, 24 maio 2007, 21:29

Symbol support vote.svg Concordo co apuntado Lansbricae (Ti dirás) 21:25, 4 xuño 2007 (UTC)


Non teño eu nada claro que o título do artigo sexa Hospital dos Reis Católicos no canto de Hostal. Semella que non ten moito sentido un artigo para o edificio e uso históricos, que sería ó que correspondería ese título de hospital, e outro artigo para o edificio e uso actuais, que levaría o título hostal. Logo, se temos un único artigo habería que titulalo de acordo á actualidade, que é como calquera o buscariamos, explicando no corpo do artigo aqueles antecedentes históricos. É dicir, que sexa hospital quen remita a hostal, e non ó revés. Pedro --Lameiro (conversa) 15:35, 31 de decembro de 2010 (UTC)


Como podedes ver, dinlle unha volta bastante profunda ao artigo que, ao meu entender, tiña bastantes eivas, comezando polo propio título, Hospital dos Reis Católicos que eu, compostelán de nación, nunca escoitei. Nomes oficiais son os que figuran agora. En segundo lugar, Symbol support vote.svg Concordo con Lameiro e mais con Atobar en que o texto do (cativo) artigo correspondería mellor a Hostal dos Reis Católicos que, coa redacción actual, queda como un mero apéndice. E en terceiro, porque era un artigo sen referencias. Dediqueime tres (intensos) días a buscalas e encontrei bastantes, polo que agora atrevinme a quitar o modelo "sen referencias". E naturalmente, feito o traballo, non tiven máis remedio que refacer o artigo. Finalmente, e para actualizalo debidamente, sinalo que o nome actual deste establecemento é Hotel, e non Hostal.

Ao mesmo tempo, fixen redireccións dos nomes oficiais para Hospital dos Reis Católicos, por se non se lle cambia o tíutulo ao artigo. --XoioÉche o que hai 04:13, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Gran traballo, Xoio! --Atobar (conversa comigo) 12:23, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Hospital Real de Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 01:30 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Hospital Real de Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de xuño de 2019 ás 04:53 (UTC)