Conversa:Helena Miguélez-Carballeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Feminista[editar a fonte]

Lles, mira quitei a categoría feministas de Galicia porque non hai referencias nin indicios que indiquen que ten que estar nela, se achegas información ó artigo sobre ese tema, coas súas referencias, xenial. Hai que ter coidado coas biografías e as clasificacións, máis aínda coas de persoas vivas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 21:05 (UTC)[responder]

Elisardojm, categoriceina así por estar especializada en estudos de xénero. Lles (conversa) 13 de abril de 2019 ás 09:06 (UTC)[responder]

Lles, non o vexo claro no artigo..., podes ampliar a información? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 10:13 (UTC)[responder]
Ola Lles, Elisardojm. Que unha persoa teña como campo de investigación os estudos de xénero, na miña opinión, non a clasifica na categoría Feminista agás que fixese declaracións neste sentido. Aplicar unha metodoloxía de investigación na que entre (ou non, ou non só) a Teoría feminista é ben diferente, ao meu entender, dunha postura ou un activismo político. Por máis que moitas veces a motivación é un factor á hora de escoller unha liña de investigación, esta pode non ter relación coas conviccións políticas persoais nin co activismo nunha determinada área. Por outra banda, os estudos de xénero, para min, son un campo máis amplo que os chamados estudos da muller/historia das mulleres/estudos feministas. Con todo, como teriamos que basearnos na, na miña opinión pouco acaída*, definición do dicionario Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feminismo. a categoría aparentemente estaría correcta. Son matices. Resumindo, como di Usuario:Elisardojm nas biografías de persoas vivas temos que coidar as cousas, polo que se non temos referencias de que unha persoa autoproclamara feminista ou pertencente a unha escola de investigación que use esa terminoloxía, sería mellor non incluíla na categoría Feminista. Se as hai non ha ser difícil dar coas referencias e o artigo quedará máis redondo.

*(A definición de doutrina sitúao por debaixo da sistematicidade e exhaustividade da definición de Teoría). Saúdos --Maria zaos (conversa) 13 de abril de 2019 ás 19:00 (UTC)[responder]

Maria zaos, estas? https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/morrina-estereotipo-que-xorde-desiguais-relacions-poder-galicia-espana https://praza.gal/cultura/o-sentimentalismo-foi-o-pegamento-do-consenso-autonomico https://ideas.gal/voz/aleitando-a-nacion-unha-critica-feminista-urxente-de-matriarcas-de-guadi-galego/ Lles (conversa) 13 de abril de 2019 ás 20:26 (UTC)[responder]

Estou, pero non entendo, se o ves claro, inclúense as referencias no artigo, non? :) Non as lin, mirei por riba, sintoo, eu lin o libro de A través e non dubido que sexa unha metodoloxía determinada e que se trata de estudos de xénero. Eu entrei na conversa polo tema de que non teño claro se as categoría Feministas e Investigadoras/Ciéntificas/Teóricas dende unha metodoloxía de xénero deberían ser equivalentes, ou mesmo incluíntes. A miña impresión é que en xeral se asocia "feministas" ao activismo. (pero o DRAG eliminou a referencia a "movemento" en todas as definicións, polo que nin idea de que considerar). É dicir, ten un pouco o mesmo problema que as categorías de relixión ou política. Pódense publicar estudos sobre unha relixión, cunha perspectiva determinada e non practicar esa relixión, por exemplo. Na miña opinión a categorización máis rigorosa sería separándoas. Unha cousa son os estudos, publicacións (cunha metodoloxía/perspectiva) e outra as persoas. As categorizacións son o que teñen, complícanse a pouco que se comence a mirar nelas. Insisto, se o ves claro, incorpora os datos ao artigo e xa decides a categoría. O tema que indicaba Usuario:Elisardojmé que ao igual que os artigos, a información na que se basean as categorías ten que estar referenciada nalgures, especialmente no caso de biografía de persoas vivas. Saúdos. -- Maria zaos (conversa) 14 de abril de 2019 ás 00:32 (UTC)[responder]