Helena Miguélez-Carballeira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (gl) Helena Miguélez Carballeira 1978 Vigo, España |
| Editora literaria Galicia 21 | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Vigo Universidade de Edimburgo |
| Actividade | |
| Ocupación | filóloga, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade de Bangor (2005–) Universidade de Aberdeen (2004–2005) |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Premios | |
| |
Helena Miguélez Carballeira, nada en Vigo en 1978, é unha filóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo rematando en 2000. Fixo un máster en Estudos de Tradución na Universidade de Edimburgo, e doutorouse en Estudos Hispánicos. Foi profesora asociada no departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Aberdeen (2004) e en 2005 gañou a praza de profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Universidade de Bangor. É directora do Centro de Estudos Galegos en Gales. É editora fundadora da revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies e ten publicado traballos nas revistas The Translator, Bulletin of Hispanic Studies, Translation Studies, Grial, Bulletin of Hispanic Studies, The Translator. En 2019 foi aceptada na Gorsedd Beirdd Ynys Prydain.[1] Forma parte do proxecto Espaço Clara Corbelle.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Galiza, um povo sentimental?: Género, política e cultura no imaginário nacional galego, 2014. Tradución de Galicia, a Sentimental Nation: Gender, Culture and Politics, 2013.
- A Companion to Galician Culture, 2014 (editora).
Traducións
[editar | editar a fonte]- I Am Not from Here de María do Cebreiro.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da AELG ao mellor ensaio do 2014, por Galiza, um povo sentimental?.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fálase de". Praza Pública. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ Barros, Xosé. "Helena Miguélez: "Poñemos o traballo de investigación ao servizo dun proxecto transformador e emancipador"". Nós Diario. Consultado o 2021-09-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Blog da autora
- Dr Helena Miguélez-CarballeiraArquivado 28 de xullo de 2015 en Wayback Machine.