Conversa:Georges Vézina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trofeo Vézina[editar a fonte]

Piquito, creo que podería engadirse unha sección sobre o trofeo Vézina semellante á que teñen en fr.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2017 ás 13:42 (UTC)[responder]

Elisardojm, creei as dúas seccións (unha para o trofeo e outra para o pavillón). Cando teña algo máis de tempo (supoño que esta noite), ampliarei ambas para ver se é posible manter as dúas imaxes ou se hai que eliminar unha delas. Un saúdo e grazas polas observacións, Piquito (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 16:26 (UTC)[responder]
Grazas a ti Piquito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 22:32 (UTC)[responder]

GAA, Goals against average[editar a fonte]

Piquito, no cadro de estatísticas creo que o termo GAA debería traducirse por Media de goles en contra, é dicir, Mgc. Creo que tamén estaría ben engadir unha notiña, como as que xa hai abaixo, indicando que son esas abreviaturas de GC, SO, e Mgc, para que todo o mundo o teña claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 11:15 (UTC)[responder]

Elisardojm, eu neste asunto teño un conflito porque se pode traducir, pero nunca vas atopar estatísticas de hóckey sobre xeo nas que se indique MGC, sempre te encontrarás GAA, polo que se alguén logo busca pode que non saiba de que vai o tema. Quizáis poñer unha nota indicando que GAA é a media de goles en contra, porque ademais os valores non se adoitan expresar en tantos por cen, o que dificulta máis saber de que vai o conto, por iso emprego a abreviatura en lingua inglesa. Por min non hai problema se decides mudalo, só quería expresar os motivos polos que non o traduzo. Un saúdo e grazas pola revisión. Piquito (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 22:49 (UTC)[responder]
Vale Piquito, entón supoño que pode quedar como GAA, pero hai que poñer unha nota que indique o que é, e iso si, a ligazón debería ir ó artigo Media de goles en contra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2017 ás 02:56 (UTC)[responder]
Piquito, engadín a nota sobre GAA e ligueino a Media de goles en contra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 22:33 (UTC)[responder]
Piquito, unha nota sobre o que comentaches e que me decatei hoxe, o GAA non se pode poñer en tantos por cen porque é unha media, segundo entendo dos textos que vin nos artigos, as medias exprésanse con números decimais. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:33 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Culpa miña, o dato é claro, confundinme coa porcentaxe de paradas... Claro que non é un tanto por cen. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:48 (UTC)[responder]

Moi ben entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]

Piquito, creo que habería que engadir unha nota no artigo que explique o que é un shutout, porque a maioría da xente non ten nin idea do que é iso... Tamén haberá que engadila no artigo de Tiny Thompson. Saudos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:54 (UTC)[responder]

Elisardojm, queda feito, tamén puxen o GAA en notas en lugar de en referencias. A ver se me poño agora coas dúas seccións e meto esas dúas aclaracións no outro artigo. Un saúdo e grazas pola revisión, Piquito (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 22:31 (UTC)[responder]
Moi ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Georges Vézina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 09:07 (UTC)[responder]