Conversa:Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Symbol comment vote.svg Comentario A Enciclopedia Libre Universal é outro proxecto diferente da Wikipedia, e a wikipedia en galego é un dos proxectos da wikipedia, polo que é unha versión da Wikipedia e non da Enciclopedia Libre Universal. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 15:36, 4 xullo 2006 (UTC)

¿Alguén podería engadir unha referencia á creación da Galipedia no día 8 de marzo?. Eu só atopei esta pero só referencia o mes, non o día. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:58, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Ademais indica que as primeiras edicións son de abril, non de marzo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:08, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Segundo o historial desta páxina a primeira edición foi o 12 de marzo: [1], fóra da Galipedia hai moitas referencias ao 8 de marzo, pero creo que todas están collidas da propia Galipedia polo que é un bucle, que creo que vai ser difícil de demostrar, a non ser que se considere o nacemento real o primeiro artigo e non o primeiro usuario.--Cheluco 22:13, 14 de decembro de 2010 (UTC)
Atopei outro historial, desta vez do 8 de marzo, supoño que será a primeira portada [2], xa que se colleu da interlingua, supoño que para ter algo [3] --Cheluco 22:17, 14 de decembro de 2010 (UTC)
Eu penso que esa é xusto a referencia que faltaba no artigo!, alá vai!. Moitas grazas Cheluco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:36, 14 de decembro de 2010 (UTC)