Conversa:Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Viveiro non pertence á provincia da Coruña. Que razón hai para que estea aquí? Se non se dá ningunha, haberá que borralo.--Atobar (conversa comigo) 12:13, 29 marzo 2009 (UTC)

  • Feito! Feito! Xa está na de lugo, que é donde corresponde, e non neste --Banjo tell me 23:43, 29 marzo 2009 (UTC)

Oficial/non oficial[editar a fonte]

Vexo que con frecuencia hai controversia sobre a oficialidade dos escudos. Como sempre tiven a convicción de que un escudo é a descrición do seu contido, e non a representación gráfica desta descrición, non termino de comprender ben iso de "escudo oficial". O escudo da Coruña, por exemplo, é de azur, a torre de Hércules en pau e sete vieiras en bordura, represéntese como se represente. Convencido disto, estiven consultando a miña biblioteca e teño atopado máis dun texto que avala a miña opinión. Por iso pregunto: sobre este tema hai algo xa discutido e decidido con antelación que rematara coa decisión de non empregar máis que os deseños publicados no DOG ou en sitio semellante? Se é así gustaríame vela, porque se cadra non se tiveron en conta certas cousas e pagaría a pena reabrila. --Xoacas(góstache o pemento?) 12:33, 30 marzo 2010 (UTC)

Non estou seguro de se foi o único que se falou do tema, pero o que atopo é isto: Wikipedia:A Taberna (imaxes)#Importante: Sobre símbolos de Galicia. --Alberte Si, dígame? 12:42, 30 marzo 2010 (UTC)
Pois en calquera caso non comprendo de onde nace a polémica co usuario 85.53.26.173, polo que eu vexo está aportando unha serie de escudos de concellos galegos dos cales inclúe a descrición e a fonte da que a tomou, que é o Boletin de la Real Academia de la Historia. A partir desta descrición elaborou o deseño, que se axusta perfectamente. Non vexo que haxa necesidade ningunha de quitalos. Insisto en que o que é oficial é o escudo, non o deseño. --Xoacas(góstache o pemento?) 19:28, 30 marzo 2010 (UTC)