Conversa:Galería de imaxes de Nogueiroa, Parada de Labiote, O Irixo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei o que se adoit facer nestes casos, pero por que non están estas imaxes na propia páxina de Nogueiroa? É necesario poñelos nunha páxina propia?--Miguelferig (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 15:59 (UTC)[responder]

Ola, @Miguelferig: Esta foi unha recomendación de @Estevoaei: para non saturar de imaxes. Para o estilo enciclopédico, parece máis axustado limitar o número de ilustracións dentro de cada artigo e dar a posibilidade de ampliar a través dunha Galería de imaxes que pode estar en Galilpedia como a Galería de imaxes de Xares, A Veiga ou en Commons como a commons:Category:Xares, A Veiga. Agrego que, tanto no caso de Nogueiroa como no de Xares e outros moitos, vai seguir crecendo o número de imaxes, o que crearía unha certa deformación no artigo primario, mais ningún problema na Galería ou en Commons ao estaren especificamente dedicadas a esa finalidade. Por tanto, a idea é incluír algunhas imaxes no artigo de acordo co contido verbalizado e ligar ás galerías para quen queira ver máis cousas. Aínda así, se os administradores/as nos din outra cousa, cambiamos sen problema! Unha aperta! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 22 de agosto de 2022 ás 16:59 (UTC)[responder]
Ah, moi ben. Non sabía. Saúdos.--Miguelferig (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 18:47 (UTC)[responder]