Conversa:Güiana (rexión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Compre referencia para o nome "As Güianas", en plural e con artigo "As"[editar a fonte]

Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 32, p. 18: Güiana Rexión do NL de América do Sur que se estende desde o río Orinoco ata o Atlántico e que comprende a Guyana Francesa, Surinam, o sector SL de Venezuela e una parte de Brasil...

Diciopedia do Século 21, t. 2, p. 1023: Güiana Rexión do NE de América do Sur, que se estende desde o Orinoco ata o Atlántico, limitada ao S polo Amazonas. Repartida entre os estados de Güiana e Surinam, a Güiana Francesa, Venezuela e o Brasil...

--. HombreDHojalata.conversa 24 de abril de 2015 ás 20:27 (UTC)

  • De momento encontrei a cita «Di que como Galicia non hai nada, pero non perde o tempo en ... dos ríos Orinoco, Xingú e Tapajós, situados en Venezuela e as Güianas», na web de Galegos no Mundo da TVG. Galegos no Mundo. Punta Cana,
  • así como estoutra: «A placa tectónica sudamericana segue un movemento cara ao oeste, o que provocou a choque coas placas de Nazca e Pacífica. Este choque orixinou un relevo, que coma o norteamricano, podemos dividir en 3 zonas:
    • Oeste: Andes, cordilleira que recorre o continente de Norte a Sur ao longo de máis de 7.000 km cunha altitude media duns 4.000 m. Aquí atópase a cumbre [sic, por "cume"] máis alta do continente: o Aconcagua (6.959 m)
    • Centro: Conca do Amazonas e chaira da Pampa arxentina.
    • Leste: Mesetas brasileira e do Mato Grosso, así coma o macizo das Güianas ao Norte»
      en: Relevo. Grandes unidades do relevo do mundo. Na web Viaxe a Ítaca. Non sei se abondará....
Seguramente será un castelanismo, non sei, pero como as Güianas son varias, non lle acae mal o plural. Caso de que, segundo as normas da Galipedia estas referencias nion sexan fiábeis, habería que cambiar As Güianas por Güiana (rexión xeográfica) ou algo parecido.
Por outra parte, o dicionario da RAG define güianés como «1. Da República de Güiana (antiga Güiana inglesa) ou da Güiana Francesa; 2. Da Güiana Holandesa (actual Suriname)». Ë dicir, recoñece que hai TRES Güianas. E iso sen contarmos as partes xeográficas venezolana, colombiana e brasileira do escudo de Güiana (ou macizo das Güianas). --XoioÉche o que hai 24 de abril de 2015 ás 21:30 (UTC)
Outra achega: na Wiki en portugués, dise que «o estado de Amapá «Está situado a nordeste da Região Norte, no escudo das Guianas» E xa sabemos que «para a o arrquecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portuguués será considerdo recurso fundamental» (NOMIG, 18ª ed., p. 12). --XoioÉche o que hai 24 de abril de 2015 ás 21:50 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── En canto ao portugués, a propia pt.wikipedia titula Guianas (sen artigo diante). E en canto as referencias en galego, parécenme máis sólidas as das dúas obras enciclopédicas que citei ao comezo. Penso que habería que mover este artigo cara a Güiana (rexión) (o de "rexión xeográfica" paréceme redundante e innecesario) para diferencialo do artigo de Güiana (país). --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2015 ás 07:10 (UTC)

  • A pesar das miñas protestas tes bastante razón, non creas. Aínda que no do portugués, hai que ter en conta que nesta lingua é usual non poñer o artigo nos topónimos que, na fala, si o teñen (por exemplo Porto, ou Maia, no canto de O Porto e A Maia). E o de xeográfica, non sobra nin é redundante, porque hai varias rexións administrativas que levan ese nome. Si levas toda a razón no das referencias ás enciclopedias moito máis fiábeis que simples páxinas webs (unha dun instituto de secundaria). De todos os xeitos non estou moi conforme coa páxina de homónimos (nin con esta) que fixen, quizais algo apresuradamente, e vou tratar de refacelo (supimindo, iso si, o controvertido artigo, aínda que varias Güianas, habelas, hainas. --XoioÉche o que hai 25 de abril de 2015 ás 14:34 (UTC)
Wiki-gl-user-botóns.PNG
Xoio, copiaches o contido deste artigo en Güianas (en plural) e marcaches este con "lixo". Porén:
  1. Copiar, pegar nun título novo e borrar o orixinal, non é bo. O procedemento correcto é mover (véxase Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina).
  2. Insisto, o nome correcto, en galego, segundo as referencias enciclopédicas en galego, é Güiana (en singular). E sendo como é que nese caso teríamos dous artigos co mesmo nome: Güiana (o país) e Güiana (a rexión), o máis acertado asemella mover este artigo a: Güiana (rexión) (en singular). --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2015 ás 16:32 (UTC)
Por certo, tes unha edición máis actual das NOMIG (a 23) aquí: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (marzo de 2012), agora a frase que citas vai na páxina 10, Introdución, punto 4: "Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego" (curiosamente "nomeadamente" non aparece no DiRAG). --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2015 ás 21:11 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Güiana (rexión). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 06:15 (UTC)