Conversa:Francisco de Quevedo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non teño claro ata que punto é significativa a querenza ou malquerenza que Quevedo puidera ter polos galegos. Poderíase dicir algo polo estilo do Cervantes que ridiculizaba o xeito de falar dos biscaíños, e de tantos outros tamén. Polo que eu sei participaba dun prexuízo consistente en considerar que non hai galego bo, pero detrás diso non había moito máis. Eu propoño suprimir o parágrafo no que se fala deste tema. Xoacas(non te me poñas así) 22:00, 20 de maio de 2010 (UTC)

A Galipedia, ou así a entendo eu, non é simplemente unha wikipedia en galego. É unha wiki que ademáis debe dar aos seus artigos unha visión galega, é dicir, amosar como se ve o mundo desde aquí. E, por desgraza, unha constante nos escritores do mal chamado "Século de ouro" español foi a mofa continua cara nós. E o que escribamos deles desde aquí debe relectir ese feito, porque non se pode obviar o triste e escuro da historia e contar só o bonito. Se Cervantes fixo o propio cos vascos, pois será na wiki en euskera onde deban decidir se o reflicten ou non. Tamén o fixen no artigo sobre Luis de Góngora, onde ademáis incluín un poema escrito por el onde se aldraxaba a Galiza. Non é vinganza, é simplemente o que dixen ao principio, dar a visión galega das cousas, do mundo que nos arrodea, sempre, loxicamente, con obxectividade e referencias, puntos que penso que están cumpridos nos dous casos. Así pois, amigo Xoacas, discordo completamente coa túa proposta de supresión do parágrafo. Un cordial saúdo.--Paradanta 08:52, 21 de maio de 2010 (UTC)
Opino como Paradanta, esa visión negativa (ás veces despectiva ou aldraxante) dos galegos por parte dos poetas casteláns debe de constar. Os escritores non son deuses e ás veces meteron o zoco ben metido (por moi bos que fosen na creación literaria). Penso que se debe reflectir se o escritor ten varias mostras (varios poemas) desa visión negativa. --Xoán Carlos Fraga 09:09, 21 de maio de 2010 (UTC)
  • Sempre que estén ben referenciadas, poden (e case deben) ficar as alusións á galicia, tanto neste coma en calquer outro artigo. --Banjo tell me 09:18, 21 de maio de 2010 (UTC)
No caso de Quevedo, esta non é a única perla canto dos galegos. Non obstante, tamén é certo que nun outro poema o tipo se preguntaba por que ese maltrato continuo dos seus contemporáneos (e el mesmo, claro) cara á cultura galega. Coido que o lin nun libro de ensaio de Miguel-Anxo Murado que por desgraza no teño agora aquí na casa para o revisar. En fin, que tamén para min pode quedar. --Atobar (conversa comigo) 10:19, 21 de maio de 2010 (UTC):
Estupendo. Logo, se alguén é quen de se facer con esa referencia do Murado, tamén se pode engadir ese apuntamento, para que non se diga que se fai por resentimento (outra proba de que non é por xenreira cara os escritores españois é que grande parte das miñas contribucións á Galipedia son precisamente artigos de escritores españois dos que carecía), senón por fidelidade aos feitos tal e como aconteceron. Pola miña banda, no libro que utilicei de referencia tanto para Quevedo como para Góngora (Sobre o racismo lingüístico, coordinado pola profesora da Universidade da Coruña María Pilar García Negro e cuxa lectura recomendo) aparecen outras xoias doutros escritores españois na súa teima de nos aldraxaren, mesmo máis extensas que nos casos anteriormente citados, e que irei engadindo nos seus correspondentes artigos, debidamente referenciados.--Paradanta 11:03, 21 de maio de 2010 (UTC)

Pois que quede, pero que quede ben: non sei como se pode evitar que o lector interprete mal a intención de recoller este aspecto da obra de Quevedo cando o apartado en cuestión consta dunha soa liña que se limita a deixar constancia de que este autor ten escrito textos aldraxantes. Digo eu que o tema dará para máis, porque se non dá o aspecto que vai ter isto é o de profe, fulano me insultó, perdoando o símil. Xoacas(non te me poñas así) 12:26, 21 de maio de 2010 (UTC)

Se o problema é que se trata dun apartado dunha soa liña, pois intégrase como frase dentro do apartado "Análise da súa obra", mentres que non se profundice no tema e sexa merecente dun apartado propio. Por outro lado, como enciclopedia que é a Galipedia non é a súa función incentivar boas ou malas interpretacións nos lectores. As cousas cóntanse como foron e cadaquén que interprete o que queira.--Paradanta 13:13, 21 de maio de 2010 (UTC)

Estou de acordo no que propón Paradanta, e eu engadiría que tampouco é función dunha enciclopedia fomentar interpretacións erróneas. Tampouco imos facer cuestión deste tema. Polo demais, se alguén sabe disto máis ca min, fágao. Xoacas(non te me poñas así) 13:38, 21 de maio de 2010 (UTC)

Niso concordo Xoacas, un apartado cunha liña e media non queda ben. Concordo con Paradanta, integralo na análise da súa obra mentres non teña maior extensión. --Xoán Carlos Fraga 14:54, 21 de maio de 2010 (UTC)